jueves, 14 de marzo de 2019

Visita de María Canosa

Esta semana tivemos lectura intensiva de "Muriel", libro escrito por María Canosa. 📖

Esta autora xa a coñeciamos do ano pasado, cando nos visitou para falar doutro libro, "Robicundo" e que tanto nos gustara.

Desta vez tocaba falar de "Muriel" e María Canosa acercouse hoxe ao noso colexio para contestar ás nosas preguntas e aclarar posibles dúbidas sobre a lectura do seu libro. Un luxo que aproveitáchedes moi ben, xa que estivéchedes moi atentos/as e participativos/as durante dúas sesións da mañá!




Ademais, o noso compañeiro Héctor Guldrís regaloulle un precioso debuxo como agradecemento pola súa visita. Bravo Héctor! 👌😊


Deseguido mostramos algunhas das vosas opinións sobre o libro ou a visita (non podo poñer todas... 😅)

"Do libro, o que máis me gustou foi que o raposo fose o amigo e animal de compañía do protagonista. Tamén que Muriel fose un neno sensible.
Da visita, gustoume que María Canosa contestase a todas as preguntas e que a Simón Casas lle dixese que hai partes que non puxo para que o libro tivera lecturas diferentes". (Noa)

"Da charla gustoume moito que cando preguntaban, María Canosa respondía con respostas longas e moi boas. Gustoume moito!". (Sabela)

"A min o que máis me gustou do encontro con María Canosa foi que nos firmara os libros". (Sergio)

" O que máis me gustou do encontro con María Canosa foi que nos explicara en que se inspirou para escribir o libro e respondeu ás nosas dúbidas. O personaxe que máis me gustou foi Blim". (Lía)

"A min o que máis me gustou da obra foron as mensaxes da botella porque adiviñaban o futuro e o que ía pasar". (Héctor G.)

" Para min o mellor foi que ao principio non o entendía, pero despois comprendinno todo e encantoume o libro!". (Ana)

" O personaxe que máis me gustou foi Blim porque gústame como é e como se comporta. Tamén gustoume moito a charla de María Canosa". (Xabi)

"O que máis me gustou da charla foi cando María Canosa nos dixo que nos contos hai partes que non se din e que se unha persoa pensa unha cousa é que no seu conto é así. Cada un pode ter a súa interpretación da historia." (Ainara)

10 comentarios:

  1. A min tamén me gustou a charla que deu María Canosa e que me asinara o libro.✍🏻📕📚
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben que o disfrutaras Gorka. 👌🏼😉

      Eliminar
  2. Gustoume moito o libro,e o que dixo MARIA CANOSA.
    APRENDIN MOITO!
    Ata o luns.

    ÁLEX :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome que che gustara o libro e a visita da autora Álex!
      Vémonos o luns. 👍🏼😉

      Eliminar
  3. A min gustoume a charla de María Canosa, o libro de Muriel, ter o libro firmado porque así é máis especial,...
    E ademais ela contounos moitas cousas... que sorte!
    Gústame que veñan os escritores ao cole.
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É verdade Uxía, é unha sorte coñecer aos escritores/as dos libros que lemos! 👍🏼☺️

      Eliminar
  4. Aaaahh,olvidouseme decir que o debuxo de Héctor.G estivo moi chulo👏🏻👏🏻🤩🤩

    ResponderEliminar
  5. María Canosa deixoulles a todos preguntar e respondiá moi ben
    NooooaaaAaa...

    ResponderEliminar
  6. Si, estivo moi ben a charla con ela. 👌🏼☺️

    ResponderEliminar