jueves, 21 de marzo de 2019

Día Mundial do Síndrome de Down

Ademais do Día da Poesía, o 21 de marzo conmemórase o Día Mundial do Síndrome de Down levando calcetíns  diferentes como mostra da diversidade existente na nosa sociedade, é dicir, todas a persoas somos diferentes e debemos respectarnos unhas a outras.

Sobre todo isto falamos na xornada de hoxe. Tamén vimos un videoclip das fantásticas A banda da Loba interpretando a canción Tres en raia adicada a Juanito, un neno con síndrome de Down, en particular e a todas as persoas con este síndrome en xeral. Neste videoclip aparecen os nosos veciños do centro Fundación Down Compostela.

Disfrutade da canción! 🎶🎵💙🎶💚🎶💛🎶💜🎶🎵


6 comentarios:

  1. Precioso o vídeo.❤️ Tan diferentes como iguais. As nosas diferencias son as que nos fan especiais pero o máis importante de todo é que aínda cos nosas diferencias todos somos iguais e xuntos podemos crear un mundo mellor e aprender todos de todos.🌎
    Contoume miña nai que na súa escola hai unha nena con síndrome de Down e que cando a ve dalle uns abrazos fortísimos.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso é Gorka, todos podemos aprender de todos. Saber que vivimos nunha sociedade diversa e que temos que intentar facela o máis inclusiva posible, é dicir, ter a todos e a todas en conta.

      Eliminar
  2. Todos somos diferentes e iguais a vez .Ademais , para un equipo fan falta todas as cualidades ,e non temos todas nunha persoa .Os de sindrome de Down soen ser moi cariñosos !!!
    Ata o luns .
    Noa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Noa!
      Gústame o que dis de aportar diferentes cualidades para un equipo! 👌🏼😉

      Eliminar
  3. Moi ben as rapazas e ademais educadas, e deixendolle tocar instrumentos...🕺🕺🤩🤩👍👍👌👌💖💖💘💘😍😍👏🏻👏🏻🎤🎷🎵🎶🎺🎻🥁🎹 Eeee...Todos somos iguais :uns altos, outros con sindrome de Down, tartamudos...Pero todos somos seres humanos e seres vivos💐🌸🌹🌼🌼🐆🐶🦍🐷🐱🦊🦌🤠🤡🧒👩‍⚕️👨‍⚕️👩👧👦🧑 Noa teñe razón porque os de sindrome de Down a maioría son moi cariñosos😍😍🤩
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  4. Si Uxía, a banda é fantástica! 🎵👌🏼😊🎶
    Todos somos diferentes , pero iguais! 😉
    Pásao moi ben no teu día de aniversario!

    ResponderEliminar