lunes, 11 de marzo de 2019

A orixe do Día Internacional da Muller Traballadora

Hoxe a nosa compañeira Uxía ensinounos un par de libros relacionados co feminismo e a importancia das mulleres na historia. Así, ensinounos un tebeo de Mafalda titulado "Feminismo singular" con situacións reinvindicativas dende un enfoque humorístico, así como un libro de personaxes históricos de España, todas elas mulleres, "Heroínas secretas".

Tamén quíxonos explicar por que a orixe da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora era un 8 de marzo. A súa explicación foi completada por Clara que nos aclarou por que o uso da cor púrpura. 💜

Por que se celebra o 8 de marzo o Día da Muller Traballadora?

Porque nunha data así, en Nova York, explotou unha fábrica e morreron  120 persoas sendo a maioría mulleres. Celébrase na honra delas e para unha mellora no traballo da muller.

Ademais, a cor da muller é o morado porque cando explotou a fábrica estaban a texer unha tea desa cor.

Uxía e Clara





















Ben, isto que nos quixeron explicar as nosas compañeiras non é doado, xa que a orixe do Día Internacional da Muller non se debe a un único suceso.

É verdade a traxedia que sufriron aquelas mulleres nesa fábrica, pero houbo antes outros sucesos...

Un 8 de marzo de 1875, centos de mulleres e traballadoras dunha fábrica en Nova York, saíron ás rúas a protestar polas súas pobres condicións de traballo e os seus ínfimos salarios comparados cos dos seus compañeiros. Durante esta manifestación, a policía reaccionou con violencia e fálase de que unhas 120 mulleres foron asasinadas. Isto fixo que se fundara o primeiro sindicato de mulleres traballadoras para loitar polos seus dereitos.

En 1909, un 28 de febreiro, celébrase por primeira vez o Día das Mulleres Socialista en EEUU. Un ano despois, no seu 2º congreso estableceuse o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Ademais, como indicaban Uxía e Clara, un 25 de marzo de 1911, tivo lugar un grande desastre nunha fábrica textil onde centos de mulleres morreron a causa dun incendio e derrumbes. Unha vez máis protestouse polas malas condicións nos que traballaban as mulleres.

En Rusia, gracias á feminista Alexandra Kollontai, estableceuse o día 8 de marzo como a festa oficial da Unión Soviética.

En España comezouse a conmemorar en 1936 e a ONU oficializou esta data en 1975.

Canto máis se le deste tema máis variedades e bailes de números hai, xa que é moi difícil poñerse dacordo coas datas, acontecementos e números... O mesmo pasa co uso da cor. Unha versión é a que nos comentou Clara, mentres outra versión di que o morado é a unión do azul (homes) e o rosa ou vermello (mulleres) polo que representa a igualdade entre homes e mulleres. Seguro que hai máis versións!

En fin, o importante é facer que cada día sexa un 8 de marzo e que todas e sobre todo todos, fagamos da nosa sociedade un mundo mellor e igualitario. 💜

7 comentarios:

  1. Tes razón,Aleixo👏🏻👏🏻.
    Seguro que se fora ó contrario aos homes non lles ía a gustar.
    Menos mal que pouco a pouco hai menos machismo. Eu na manifestación vin máis homes que outros anos.
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  2. Tes moita razón Aleixo. Oxalá que todos os días foran un 8 de marzo para que sempre traten ben as mulleres.
    Meu irmán contoume o da fábrica que explotou en Nova York, nun texto que lín decían que foi o propio xefe quen incendiou a fábrica, tamén dín que o fume que saía era desa cor e podíase ver a km de distancia.
    O dito, que todos os días sexan un 8 de marzo.💜
    Gorka.☺️

    ResponderEliminar
  3. Como ti nos contaches deberia ser como o 8 de marzo todos os dias ,sen asasinatos ,sen violencia ... Noa .

    ResponderEliminar
  4. Iso Iso é Noa! 👍🏼💜

    ResponderEliminar
  5. Non ,nolo dixeches .
    Noa

    ResponderEliminar