Tamén quíxonos explicar por que a orixe da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora era un 8 de marzo. A súa explicación foi completada por Clara que nos aclarou por que o uso da cor púrpura. 💜
Por que se celebra o 8 de marzo o Día da Muller Traballadora?
Porque nunha data así, en Nova York, explotou unha fábrica e morreron 120 persoas sendo a maioría mulleres. Celébrase na honra delas e para unha mellora no traballo da muller.
Ademais, a cor da muller é o morado porque cando explotou a fábrica estaban a texer unha tea desa cor.
Uxía e Clara

Ben, isto que nos quixeron explicar as nosas compañeiras non é doado, xa que a orixe do Día Internacional da Muller non se debe a un único suceso.
É verdade a traxedia que sufriron aquelas mulleres nesa fábrica, pero houbo antes outros sucesos...
Un 8 de marzo de 1875, centos de mulleres e traballadoras dunha fábrica en Nova York, saíron ás rúas a protestar polas súas pobres condicións de traballo e os seus ínfimos salarios comparados cos dos seus compañeiros. Durante esta manifestación, a policía reaccionou con violencia e fálase de que unhas 120 mulleres foron asasinadas. Isto fixo que se fundara o primeiro sindicato de mulleres traballadoras para loitar polos seus dereitos.
En 1909, un 28 de febreiro, celébrase por primeira vez o Día das Mulleres Socialista en EEUU. Un ano despois, no seu 2º congreso estableceuse o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
Ademais, como indicaban Uxía e Clara, un 25 de marzo de 1911, tivo lugar un grande desastre nunha fábrica textil onde centos de mulleres morreron a causa dun incendio e derrumbes. Unha vez máis protestouse polas malas condicións nos que traballaban as mulleres.
En Rusia, gracias á feminista Alexandra Kollontai, estableceuse o día 8 de marzo como a festa oficial da Unión Soviética.
En España comezouse a conmemorar en 1936 e a ONU oficializou esta data en 1975.
Canto máis se le deste tema máis variedades e bailes de números hai, xa que é moi difícil poñerse dacordo coas datas, acontecementos e números... O mesmo pasa co uso da cor. Unha versión é a que nos comentou Clara, mentres outra versión di que o morado é a unión do azul (homes) e o rosa ou vermello (mulleres) polo que representa a igualdade entre homes e mulleres. Seguro que hai máis versións!
En fin, o importante é facer que cada día sexa un 8 de marzo e que todas e sobre todo todos, fagamos da nosa sociedade un mundo mellor e igualitario. 💜
Tes razón,Aleixo👏🏻👏🏻.
ResponderEliminarSeguro que se fora ó contrario aos homes non lles ía a gustar.
Menos mal que pouco a pouco hai menos machismo. Eu na manifestación vin máis homes que outros anos.
Ata mañá.
Son ✌xí✊
👍🏼😉💜
EliminarTes moita razón Aleixo. Oxalá que todos os días foran un 8 de marzo para que sempre traten ben as mulleres.
ResponderEliminarMeu irmán contoume o da fábrica que explotou en Nova York, nun texto que lín decían que foi o propio xefe quen incendiou a fábrica, tamén dín que o fume que saía era desa cor e podíase ver a km de distancia.
O dito, que todos os días sexan un 8 de marzo.💜
Gorka.☺️
👍🏼☺️💜
EliminarComo ti nos contaches deberia ser como o 8 de marzo todos os dias ,sen asasinatos ,sen violencia ... Noa .
ResponderEliminarIso Iso é Noa! 👍🏼💜
ResponderEliminarNon ,nolo dixeches .
ResponderEliminarNoa