miércoles, 14 de noviembre de 2018

Día mundial da diabetes

O día 14 de novembro conmemórase o Día mundial da diabetes. O noso centro educativo sumouse no día de hoxe a esta iniciativa por medio de actividades, charlas e carteis informativos.

Nós, a nivel de aula, lemos e falamos sobre esta enfermidade: orixe, características, os seus diferentes tipos, tratamentos a seguir... Sorprendeume que moitos de vós sabiades do tema, ademais de coñecer persoas con esta enfermidade.

A finalidade desta conmemoración é informar, concienciar e normalizar sobre a diabetes.

Ademais, a nosa compañeira Lía recordou a Sonia Sotomayor, primeira xuíza latina no Tribunal Supremo de USA e mencionada no libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2" que tamén sofre este problema.







                                                                          

4 comentarios:

  1. Debemos normalizar este tipo de enfermidades, porque deixan facer unha vida normal, igual que alerxia á proteína do leite de vaca. So temos que estar un pouquiño máis controlados.
    Gorka.

    ResponderEliminar
  2. Mauro vai na clase do meu irmán Roi , 1ºA.É o irmán pequeno de Lucas (4ºB).No comedor deron comida sen azúcar , non é que soupera mal pero sabía ben e viñerón Olga , Mari e Susana . No telón puxeron globos azuis formando un lazo azul e todos os monitores levavan lazo azul.Noa .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi boa iniciativa! Así Mauro sentirase apoiado polos nenos e nenas do cole. 😊

      Eliminar