martes, 6 de noviembre de 2018

Chegou o outono e nós con estes pelos!

Coa chegada do outono, en Arts os nenos e nenas de 4º decidimos facer uns retratos onde as follas foran as protagonistas.

Primeiro, debuxamos o retrato utilizando como espazo a metade inferior do folio. Despois, repasámolo a negro e pintámolo. A continuación, comezamos a pegar as follas unha a unha na outra metade do folio: hacia arriba estilo de punta, follas longas en plan melena, ladeadas por culpa do vento, todas xuntas estilo "afro"... Para rematar fixémoslle un fondo. Por último, plastificáronse para a súa mellor coservación.

Por falta de tempo algúns/algunhas tiveron que rematar na casa...





E aquí están os resultados!

Retratos de 4ºA




Retratos de 4ºB.


6 comentarios:

  1. Uns retratos moi orixinais.Todos moi guapos.
    Eu paseino xenial faceendoo!

    ResponderEliminar
  2. Eu estaba demasiado moderna , debería levar abrigo.Que xa vai frío! Moi sorprendida cos resultados, Noa.

    ResponderEliminar
  3. Foi xenial facer o meu autoretrato con follas do outono, pero tamén foi xenial recoller as follas no parque con Xurxo. Vexo que os resultados son xeniais, estamos todos guapísimos!
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pasar unha mañá ou unha tarde recollendo follas en familia pode ser moi divertido!

      Eliminar