miércoles, 7 de noviembre de 2018

Bufóns de Llanes

Como xa sabedes, en Sociais estamos a estudar as características da auga no noso planeta Terra.

Así, hoxe falamos sobre a preamar e a baixamar, os movementos mariños e sobre as ondas do mar. Isto fixo que vos falara dun lugar en Asturias (zona de Llanes) onde, cando vai temporal coma estes días, o golpeo do mar contra a costa é espectacular. Isto é debido á forza do mar, ás características das rochas e as súas grietas que se van abrindo camiño. A subida da auga por esas grietas fan un efecto de chemineas chamadas bufóns. Non tivemos tempo de velo en vídeo na clase, pero agora co blog é fácil de arranxar.

Aquí tedes un par de vídeos sobre os bufóns de Llanes (Pría e Arenillas), que vos parece?


 

10 comentarios:

  1. Os bufóns parecéronme alucinantes!,¿ hai algunha praia en Galicia na que poidamos ver bufóns ?
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu non sei de ningún sitio en Galicia Gorka... Investigaremos! 👍

      Eliminar
    2. Xa que en Libre Configuración estamos traballando sobre Galicia podemos investigar sobre esto.
      Gorka.

      Eliminar
  2. Cando sae parece fume,e é auga.💦💦
    Mellor dito volcáns de auga.🌋🌋🌋Gustarìame estar debaixo dun bufón de auga...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Volcáns de auga... que bonita definición Uxía! 😊
      Ás veces a natureza é un auténtico espectáculo.

      Eliminar
  3. Simón casas9.11.18

    Gustariame velos de cerca,son unha pasada😮😮😮

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Verdade que si? Imaxina estar e velo alí mesmo 😁

      Eliminar
  4. Xa gustariame a min estar nun buraco e que viñera auga e saltar polos aires .É que eu ... ...son Noa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Noa, entonces ti pensas igual que Uxía... Que toliñas! 😂

      Eliminar