viernes, 9 de noviembre de 2018

O crebanoces

Esta semana, xoves 9, o alumnado de 4º acudiu a un concerto especial no cal se mesturaba música clásica con monicreques. A obra representada foi O Crebanoces de Chaikovski. A nosa compañeira Ana fainos un resumo a continuación.

Este xoves, 9 de novembro, fumos ao Auditorio de Galicia a escoitar unha  peza chamada O crebanoces, unha obra de Tchaikovsky (ou Chaikovski) interpretada pola Real Filharmonía de Galicia xunto a unha compañía de monicreques. 

Os personaxes principais son María, o Crebanoces e o seu tío, ademais de outros secundarios. A obra trata dun rei que come unha noz dourada e pide un desexo: paz e prosperidade para todo o mundo. Pero non era a noz que el pensaba e en vez diso, convértese nun crebanoces xigante. Ao final e despois de varias aventuras, por fin toma a noz dourada tan desexada e volve a súa forma orixinal.

A obra era moi bonita e divertida, ainda que ao principio ás imaxes que proxectaban non lles encontraba moito sentido... 😅 Ao chegar tivemos que sentarnos na esquina contraria a onde estaban colocados os monicreques polo que non viamos ben, xa que os rapaces poñíanse de pé para intentar ver mellor a obra. Eu tiven sorte porque Aleixo deixoume sentar noutro sitio onde podía ver mellor. 

En resumo, foi xenial! Mereceu moito a pena ir ata alí. 😄

Ana Arango González







5 comentarios:

  1. Penso o mesmo ca ti, Ana. Eu tampouco lle atopaba sentido ningún ás imaxes que proxectaban ao principio. Polo demáis, todo ben.
    Gorka.

    ResponderEliminar
  2. O mesmo ca vos . Pero moi ben!!!Creo que con María a da obra , que asco dan as ratas!!! Noa.

    ResponderEliminar
  3. A min gustoume cando os chinos dixeron as adiviñanzas.En realidade eu creo non era o fogo,era o Sol.💥🌅🌅🌅🌄...igual non eran tan sabios🤣.

    ResponderEliminar
  4. Simón Casas11.11.18

    Gustoume moito,aunque non lle encontraba moito o sentido ao principio🤔🤔🤔,pero despois si😁😁😁

    ResponderEliminar
  5. Ola estou de acordo contigo Uxía.

    ResponderEliminar