jueves, 29 de noviembre de 2018

Álex B. entrevista ao profe!

Na clase estamos a traballar aspectos do mundo xornalístico como buscar e redactar noticias, identificar as súas partes, pensar en titulares chamativos, responder preguntas para completar unha nova... Para iso, os nenos e nenas buscarán noticias, escribirán e farán entrevistas aos seus compañeiros/as ou a outras persoas alleas á clase.

Así, por sorpresa, Álex B. pediume unha entrevista para publicala no noso blog. Neste espazo os protagonistas sodes vós, pero Álex insistiu e como a entrevista é del pois... aquí está.

- Canto tempo levas sendo profesor?
- Ao rematar a carreira de Maxisterio traballei en diferentes cousas. Co tempo, decidín centrarme no ensino traballando primeiro nunha academia e logo en colexios, nos que levo uns 8 anos máis ou menos.

- Traballaches en outros colexios? En que lugares?
- Si, estiven en moitos colexios.
Que agora recorde... Santiago, Ribadeo, Carnota, Ourense, Cee, Vimianzo, Ames... e algúns máis.

- Cal foi o que máis che gustou?
- Esta é unha pregunta moi difícil de contestar porque non se trata de comparar escolas, nen alumnado, nen mestres...
Teño moi bo recordo dun cole en Oímbra, cerca de Verín, porque era un centro moi pequeniño. Éramos moi poucos e todos nos coñeciamos. Imaxínate se era pequeno, que eu era o titor de 3º e 4º xuntos e tiña 11 alumnos/as en total! Pero por outra banda, estaba moi lonxe da miña casa.
Estes dous anos en Conxo tamén están sendo moi especiais para min.

- Cal era a túa materia favorita cando eras pequeno?
- Cando tiña a vosa idade encantábame Lingua Castelá porque gustábame moito ler libros e escribir historias con personaxes inventados por min.

- Cal é a materia que máis che gusta dar?
- Penso que Lingua Castelá e a parte de Historia de Sociais. Supoño que é porque a literatura e a historia son as miñas lecturas no meu tempo de lecer. Ultimamente estoulle dando moita importancia a Valores, aínda que sexa só unha vez por semana.

- Dende pequeno querías ser profesor?
 - Si, porque gran parte da miña familia pertence a ese gremio e, cando era pequeno, xogaba a correxir vellas libretas da miña irmá ou miñas. Tamén quería ser outras cousas como escritor, músico ou veterinario.

- Que tiveches que facer para ser profesor?
- Tiven que estudar moito durante varios anos no colexio e no instituto, logo ir á universidade, para finalmente superar unha oposición.

- Gústache a túa profesión?
- Si, encántame ensinar a nenos/as... e tamén aprender deles!

- Moitas gracias.
- A ti Álex!

Álex Burdyka





12 comentarios:

  1. Xa sabemos cal era a túa asignatura favorita, pero, cal era a que menos che gustaba?
    outra pregunta: cal foi o libro que máis che gustou? e unha película?
    Seguirei pensando máis. Gracias
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver se son capaz de contestar a todo Gorka. A materia que menos me gustaba era mates. Libros que recorde: O pequeno vampiro (Angela Sommer-Bodenburg) ou As bruxas (Roald Dahl), tamén lía còmics como Tintín e Astérix. Eu de pequeno recordo máis series que pelis: Pipi Mediaslongas, A familia Munster, Fraggle Rock, Os aurones, Dragon Ball, Arale... Ains... vou parar que me entra a morriña da xuventude... 😅

      Eliminar
  2. Por certo, a meu irmán encantoulle a radio!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois dille a Xurxo que está invitado a subir a 4° para vela😉. Se vos gustou a radio, despois da ponte traereivos de Ribadeo unha sorpresa maior para utilizala na clase e no blog! 😁

      Eliminar
  3. Xenial !!! Xurxo está desexando vir a nosa clase a ver a radio. Estou desexando ver o que traes de Ribadeo,que sera?
    por certo, miña nai tamén vía os fraggle rock, a familia Munster, songoku...e díxome que este fin de semana ponnos o primeiro capítulo dos fraggle rock! ������������
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ao final foi a radio a 2° 📻🎥😃
      Pois xa me contarás se che gustou. Boa fin de semana Gorka! E a ti tamén Xurxo! 😉

      Eliminar
  4. Moitas grazas Aleixo por ensinarlle a radio a Xurxo.
    Boa fin de semana a ti tamén!
    Gorka

    ResponderEliminar
  5. Encántame a entrevista.Parabéns Alex!!!
    E teño moita entriga por saber o que vas a traer...
    Lía.

    ResponderEliminar
  6. Simón Casas1.12.18

    Moi boa entrevista🤗🤗🤗

    ResponderEliminar