lunes, 22 de marzo de 2021

Louis Armstrong

Xa facía semanas que non falabamos dalgún artista no blog.

Hoxe toca falar do famoso trompestista Louis Armstrong, xa que estamos a piques de rematar un mural coa súa canción What a wonderful world e que pronto presentaremos no blog tamén.

Louis Armstorng naceu en Nova Orleáns (sen data oficial) e morreu en Nova York, o 6 de xullo de 1971.

Foi un dos músicos máis influíntes do jazz pola súa técnica á hora de tocar a trompeta, así como pola súa característica voz. Ademais, a súa carreira musical foi moi extensa, ao longo de cinco décadas!

Despois dunha infancia dura polas dificultades que pasou coa súa familia (abandono do pai, pobreza...) en 1922 aparece a súa primeira oportunidade para traballar como músico profesional. Pronto grabará como músico solista coa súa propia banda.

Despois de tocar durante varios anos polos EEUU, en 1932 preséntaselle a oportunidade de viaxar a Europa, onde obtivo un grande éxito.

Ao regresar ao seu país, recibe ofertas de xiras extensas por todo o territorio estadounidense e incluso en participar no cine de Hollywood. Máis adiante traballará tanto en cine coma na televisión, acadando un alto nivel de popularidade no seu país.

Na década dos '50 xa era coñecido mundialmete, aínda que pronto vería, non con moito agrado, a aparición de novos artistas que chamarían a atención dos medios musicais como Charlie Parker, Dizzy Gillespie, Miles Davis ou John Coltrane.

Ao longo da súa vida, Armstong tivo varios matrimonios e adoptou a unha nena.

Despois de ter un gran éxito durante toda a súa carreira, destacando cancións como Hello Dolly ou What a wonderful world, tivo que descansar por problemas de saúde. 

Morreu o 6 de xullo de 1971, despedíndose coa seguinte frase:  Tiven a miña trompeta, unha fermosa vida, unha familia, o jazz. Agora estou completo.

Aquí deixamos algunhas das súas cancións máis famosas. 
Que vos guste! 👇🎺🎶🎵

No hay comentarios:

Publicar un comentario