lunes, 8 de marzo de 2021

8M - Día Internacional da Muller Traballadora

Para conmemorar o 8M - Día Internacional da Muller Traballadora 💜, todo o alumnado do centro participou na elaboración dun gran mural onde se expón as biografías de destacadas mulleres galegas.

Estas mulleres darán nome ás aulas do noso centro. Unha maneira de visualizar a importancia do papel da muller na nosa sociedade, tanto no pasado coma no presente (e seguro que no futuro).

Pola nosa banda, o noso grupo de 6º B elaborou un mural sobre Concepción Arenal, mentres que o grupo de 6º A fíxoo sobre Filomena Dato Muruais.

Ademais dos nosos murais poderemos admirar outros sobre Rosalía de Castro, Maruxa Mallo, Ana Peleteiro, Sés, Ángeles Alvariño, Elisa e Marcela, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Laura Romero Pereira, Isabel Zendal Gómez e as irmás Elisa e Jimena Fernández De la Vega.
















Hoxe adicamos un tempo a ler os traballos para coñecelas mellor e reflexionar sobre a importacia de todas elas que, xunto con moitas outras, abriron o camiño para unha igualdade de xénero na nosa sociedade.





Finalmete fixémonos unha foto co mural que preside a nosa aula e que conta a historia dunha princesa que se salvou soa. 👇😉💜


Ao longo desta semana mostraremos vídeos nos que o alumnado de Valores comentará a vida de diferentes mulleres elexidas por elas tras ler e comentar diferentes historias e biografías no libro Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes.

Parabéns a todo o alumnado do CPI San Vicente! 💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario