Despois da actividade en Corrubedo e logo da saída á praia, tocaba unha charla sobre o coidado dos océanos, mares e ríos, así como praias ou montes. 💙💚
Unha charla do máis interesante, na que se falou sobre a contaminación, os plásticos, usos indebidos dos ezpazos naturais, as nefastas consecuencias da nosa irresponsabilidade, posibles melloras, as tres R, tomar conciencia da problemática... Estivestes moi atentos/as e Jorge, o monitor do CEIDA, marchou moi contento polo voso interese.
Bravo polas vosas preguntas e participación! 👌😉
Mostramos algunhas imaxes da charla. 👇👀
  | 
| Presentación da charla | 
  | 
| Diferentes usos que nos proporcionan os océanos | 
  | 
| Explicación das 3R | 
  | 
| Distintas clases de lixo. | 
  | 
| Mostras de lixo que encontraron en distintas praias | 
  | 
| Cambios na vida marítima a causa da contaminación | 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario