martes, 15 de junio de 2021

Día de praia!

Despois da visita ao Parque Natural e á duna de Corrubedo, a segunda parte da actividade naturista coa organización CEIDA era facer unha saída a unha praia para realizar unha limpeza da mesma, así como unhas charlas para concienciarnos da necesidade de coidar o medio que nos rodea.

A cousa comezou a complicarse cando vimos que no día sinalado (venres 18) daba mal tempo, polo que tivemos que improvisar. Deste xeito, hoxe fixemos a escapada á praia, e aínda que non puidemos realizar a actividade de limpeza (o CEIDA non puido acompañarnos e necesitabamos uns permisos por parte do concello de Laxe), si gozamos dun marabilloso día de sol e calor. 
🌅😎

Antes de chegar a Laxe, fixemos unha breve parada no Castro de Borneiro. O alumnado de sexto xa fora fai tempo, pero é un lugar que merece ser visitado e máis se está de camiño. 

Finalmente chegamos á praia de Laxe!
Paseámola dun extremo ao outro e observamos que estaba moi limpa e con poucas mostras de lixo. Logo, asentámonos nun sitio do areal e, despois de merendar, cada neno/a gozou do tempo libre como quixo: darse un baño, xogar co balón, facer castelos de area, xogar co disco, enterramentos baixo a area...

Unha vez secados e cambiados regresamos ao punto de partida para comer baixo a sombra dunhas árbores. 🌳
Para rematar a xornada, compramos uns xeados mentres esperabamos polo bus. 🍦🍧🍨

Espero que gozasedes deste día diferente. 
Conseguimos facer a saída final de curso! 👏👏👏😊

Mostramos vídeo desta saída á praia! 👇🌅💦😎

No hay comentarios:

Publicar un comentario