viernes, 25 de junio de 2021

Despedida

Chegou o momento da despedida tamén no blog.

Unha tempada máis deste espazo educativo que xa cumpriu tres cursos!

Gracias ao voso traballo e participación, o blog está sendo unha ferramenta moi útil para mostrar todo o que facemos dentro e fóra da aula: suxerir lecturas, presentar traballos, ensinar actividades varias... Penso que o blog consegue que moitos de vós vos motivedes, non só para realizar actividades na escola, senón tamén para que fagades, investiguedes e mostredes os vosos intereses máis alá das nosas sesións diarias no colexio. O blog leva tres anos publicando diariamente, día si e día tamén! Iso non é nada doado e é mérito voso! Por iso, quérovos dar as gracias, polo voso interese, participación e esforzo, sen os cales este blog non duraría nin medio recreo. 👍😉

Unha vez máis os meus parabéns por rematar a etapa de Educación  Primaria e mándovos moito ánimo para a nova etapa en Secundaria na que vos vai ir xenial, xa veredes!

Como xa sabedes, unha vez máis cambio de escola. Traballarei na Veiga, vila asturiana cerquiña de onde son, Ribadeo. En fin, espero que coa nova etapa que eu tamén comezo o blog siga existindo e mostrando as actividades que facedes con tanto estusiasmo os nenos/as nas miñas clases.

Estades a facervos maiores e entenderei que as actividades que aquí se mostren pouco a pouco vos interese menos, pero xa sabedes que sempre estaredes invitados a escribir nel. Encantarame saber de vós! 😊

Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración, apoio e boas palabras de ánimo e agradecemento. Voume con moita pena da Baña, pero tamén me vou sentíndome moi querido e valorado polo traballo feito (un sempre sinte que o pode facer mellor...) e iso é o mellor que me pode pasar como mestre.

Síntome un privilexiado cando penso que me iría de vacacións unha semana (vale, dúas...) e volvería de novo encantado ás aulas con todos vós. É que xa vos boto de menos! 😅

Milleiros de bicos, ata sempre e contade cunha visita en canto me sexa posible! 💖

7 comentarios:

  1. Que pena!!!!
    Agora xa vai ser máis difícil verche!!!😭😭
    Agora só che poderei escribir!!! Xa non poderás vernos, (aínda que espero que volvas a vir a outro colexio de Santiago para poderte ver.
    O ano que vén, poderei escribir ás veces?
    Moitiiiiiiiiisimos bicos😘😘😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Poderás escribir sempre que queiras Uxía!👍🏼😉
      Este blog sempre será voso!🥰
      😘😘😘

      Eliminar
  2. a ver Aleixo:
    levo visitando o blog tres días consecutivos, xa faríades algo digo eu non!!
    que quero ver como che va no novo cole!
    un pouco cansada de esperar, Amparo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajaja! 🤣😂🤣😂
      Ola Amparo! Estamos esperando ter todas as autorizacións de imaxe necesarias para poder comezar. Pero si, xa se está a facer algo: primeiras portadas, algún xogo, presentacións de libros...
      Non che podo dicir cando comezaremos, pero pronto.
      Alégrame que estés ao tanto do blog! 🥰
      Moitos bicos! 😘😘😘

      Eliminar
  3. Ola Aleixo!!
    Fai bastante tempo que non vexo o blog e decidín velo por se subiras algo; estou impaciente!!
    Espero que estes pasando ben no outro cole.
    🍄Adeus🍄

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Mariquiña!
      Que alegría saber que estás pendente do blog! 👌🏼😊
      Pois agora mesmo íame poñer a facer a nova presentación do curso e xa para a semana comezaremos a
      publicar cousiñas que imos traballando e presentando.
      Moitos bicos! 🥰

      Eliminar