miércoles, 19 de diciembre de 2018

Adrián entrevista ao seu avó

Continuamos coas entrevistas que está a facer o alumnado de 4ºA. Desta vez é Adrián quen entrevistou ao seu avó.

O meu avó Jose María traballou case toda a súa vida no mar. Primeiro en barcos españois e despois, porque gañaba máis cartos, emigrou a Alemaña, onde traballou en grandes barcos mercantes. Logo dun tempo, despedírono para traer man de obra máis barata de orixe india e meu avó tivo que volver ao seu país natal. En Muros comezou a traballar nos barcos de baixura ata que tivo a ocasión de xubilarse.

- Por que decidiches traballar no mar?
- Porque gañaba máis cartos.

-Que é o máis duro de traballar no mar?
- O traballo é moi duro cando hai temporal.

- Sufriches algún naufraxo?
- Non, pero estiven a piques!

- Sabes nadar?
- Non, para iso hai barcos!

- Que diferencia hai en traballar en barcos mercantes e barcos pequenos?
- Cos barcos grandes fanse rutas máis longas e estás moitos meses no mar sen ver a túa familia.

- Sobre a mensaxe da botella (Adrián redactou unha bonita noticia sobre unha mensaxe nunha botella lanzada pola súa familia e que obtivo resposta), por que a tiraches desde o cabo de Fisterra?
- Porque pescaba alí.

- Pensabas que chegaría a algún sitio?
- Non!

- E xa para rematar, que tal de xubilado?
- Ben, porque así non das pendolada!

Adrián


5 comentarios:

  1. Que guapo! O fixestes moi ben!!👏👏👏 Ten que ser un pouco difícil traballar no mar.
    Son Uxía
    Ata maña!

    ResponderEliminar
  2. Aaaa,o meu avó construía os barcos de guerra⚓⛵🛳⛴🛥

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que traballo tan interesante!!, seguro que tendes moitas historias para contar.

      Eliminar
  3. Unha bonita entrevista, si señor. Cando vou a casa dos meus avós paternos, que agora viven na Illa de Arousa, teñen o mar preto da casa e, dende a ventana, vexo barcos e barquiñas.������

    Por certo, meus avós maternos tamén estiveron moito tempo en Alemaña.
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nos tamén podemos ver os barcos dende a casa dos avos.
      En moitas familias tocounos a emigración.

      Eliminar