miércoles, 5 de diciembre de 2018

O máxico mundo dos instrumentos insólitos

Instrumentos feitos cunha vasoira? Acadar sons usando unha cadeira? Tocar unha serra? Que é o theremin? Todo iso e máis puideron ver e aprender o alumnado de 3º e 4º no auditorio de Abanca esta mañá. Unha actividade creativa, didáctica e moi divertida. A nosa noraboa aos rapaces de Fetén Fetén porque o fixeron moi ben! A nosa compañeira Clara nolo comenta de seguido.

Hoxe fumos ao auditorio de Abanca para ver unha obra chamada "O máxico mundo dos instrumentos insólitos". Na representación falaban dous homes moi simpáticos. Foi moi divertido! Primeiro falaron sobre os seus instrumentos: un violín, un acordeón, frautas... Despois ensináronnos uns instrumentos que fixeran eles con materiais reutilizados: envases de cartón, cubos, cadeiras, serras, botellas, culleres, tixolas... Soaban moi ben! Eu pensei que ían soar peor, pero sorprendeume moito eses sons! O instrumento que máis me gustou foi a frauta traveseira.

Unha representación moi interesante porque coñecimos instrumentos raros dunha maneira divertida.

Clara

Fetén Fetén tocando unha... cadeira de praia!


Shhhhh... que isto empeza!

2 comentarios:

  1. Gustoume moito a obra e gustoume ver como os materiais de refugallo se poden converter en instrumentos musicais.
    Eu, cando iba a clases de música con meu irmán, tamén fixen instrumentos con material de refugallo, no noso caso fixemos unhas maracas cunha botella de plástico e arroz.
    O instrumento que máis me gustou hoxe foi a serra porque o son da serra parecía unha onomatopeia.🎼🎹🥁🎸🎻🎤
    Boa ponte a todos!!
    Gorka.

    ResponderEliminar
  2. Como ben dicían os músicos, con creatividade podemos conseguir e facer moitas cousas sen necesidade de gastar ou contaminar.
    Cando tocou a serra foi moito, todo o auditorio alucinou!👌😄🎶

    ResponderEliminar