Chéganos outra rica receita por parte do noso alumnado! Desta vez, Lía móstranos como preparar unha rica mazá rechea de zume e outros froitos... mmmMMMMmmmm... 😋
Mazá rechea
Ingredientes:
- 4 mazás
- 2 melocotóns
- 2 rodallas de melón
- 1 pera
- 2 rodallas de sandía
- 400 ml de zume de laranxa
Preparación:
1. Cortamos a mazá pola parte superior, coma se dun sombreiro se tratase. Vaciamos a mazá coa axuda dun coitelo.
2. Cortamos o resto de froitas en dadiños e recheamos a mazá con toda a froita e o zume de laranxa.
3. Cubrimos todo coa parte superior da mazá a modo de sombreiro, que funcionará de tapa.
Suxestións:
Podedes rechear a mazá coas froitas e zumes que queirades. Adaptádeo ao voso gusto ou aos dos demais para comer froita dunha maneira diferente e divertida!
Outras receitas que me gustan:
- As texturas do chocolate.
- Cabelo de anxo con amorodos e chocolate.
- Magdalenas de lambetadas de cores e sabores.
- Copa de froita doce, leite e canela.
- Amorodos con nata.
- Crema de galleta, queixo e chocolate.
- Natillas de mazá.
- Arroz con leite.
- Brochetas de froita.
- Pizza.
- Pasta e polo.
- Ensalada...
Sabes que?
Estas receitas fágoas eu soa e ti tamén poderás facelas. 😉
Lía
Que boa pinta!!!��. Este Nadal probo a facela.������
ResponderEliminarGorka.
👌😋
EliminarAs mazás son moi pequenas?! Hai que comprala mais grande! Se non no colle!😂😂🤣
ResponderEliminarÉ broma! Ten moi boa pinta 😋🤐🤐😋😋 Esa mazá🍎🍏🍏🍎😋😋
Ata o luns
Uxía
Dende logo as mazás teñen que ser ben grandes para que colla todo iso dentro. Se non sae, sempre se pode facer de plastilina. 😜
EliminarBoa fin de semana Uxía!