lunes, 17 de diciembre de 2018

Por fin visitamos a comisaría!


Por fin fumos visitar a comisaría da policía municipal de Santiago de Compostela! 👮
Esta visita era moi esperada polo alumnado de 4º. O noso compañeiro Xabi fainos un resumo deste día tan especial.

O venres 14, as 10:00h, viñeron ao colexio dous membros da policía local a ensinarnos a comisaría. Como parecía que ía chover, dudamos se ir ou non ir... Ao final decidimos ir porque se non, tiña que ser para case o verán e iso era moito tempo!

Cando saímos fumos andando polas rúas da cidade, poñendo en práctica o que aprendimos na charla. Deste xeito, paramos a tres persoas por infraccións! Dúas chicas e un chico.
A primeira foi unha rapaza que parecía avergonzada por cruzar en vermello. O seguinte foi un chico que nos deu a razón, xa que cruzara en vermello e ademais fóra do paso de peatóns. A última foi cerca do parque da Alameda, unha traballadora que aparcou a súa furgoneta na acera.

Cando chegamos á comisaría, fumos directamente a unha sala onde nos ensinaron os materiais de traballo que utilizan: un chaleco antibalas, unha bala, un escudo antibalas, unha porra (defensa), lanternas, luces de seguridade, etc. Logo fumos á sala de control, onde había moitísimas pantallas con diferentes imaxes de Santiago. Neses momentos vimos un coche saltarse un semáforo en vermello (a multa foi de 200 euros e menos catro puntos). Logo mostráronnos os calabozos, onde se facían as fotos, as salas... Para rematar, regaláronnos unha baraxa de cartas de educación vial.

Pasámolo moi ben! 👌😄

Xabi


Breve explicación antes de saír do cole

Chagamos á comisaría




Material de traballo utilizado pola policía

Os calabozos

Última explicación da visita

Baraxas de educación vial


Só nos queda dar as gracias a Carlos, o policía municipal que nos acompañou durante toda a mañá.

6 comentarios:

  1. Eu paseuno moi ben na comisaría,e na volta Elías e eu a estubimos atentos👀👀 haber se viamos as cámaras que vixiaban.👮‍♂️👮‍♀️👮‍♂️👮‍♀️
    Ata mamá.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu sempre fago caso das normas de tráfico, pero é un puntazo saber onde colocan as cámaras. 😏
      Ata mañá Uxía!😉

      Eliminar
  2. Por fin fomos á comisaría! Encantoume a visita, todo o que nos contaron e as barallas que nos deron ao final. ������
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estivo moi interesante esta saída!👌👮

      Eliminar
  3. Ese e case o mesmo camiño co que vou a miña clase de piscina 💧💧💧🏊🏊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois xa sabes como e por onde cruzar, verdade?E coidado coas cámaras!😜

      Eliminar