jueves, 20 de diciembre de 2018

Entrega de postais de Nadal

Un ano máis achégase o Nadal e o colexio celébrao coa, xa tradicional, entrega de postais entre todo o alumnado da escola. Deste xeito, cada neno e nena elaborou unha bonita postal para ser entregada a outro compañeiro/a a modo de amigo/a invisible.

As postais de 4ºA quedaron ben bonitas, parabéns a todos e a todas e afortunados os que as reciban!

Postais creadas polo alumnado de 4ºA

Tamén vosoutros/as recibíchedes unha postal doutro compañeiro/a, espero que vos gustara!

Alumnado de 4ºA recollendo as postais


4 comentarios:

  1. A postal que me tocou foi de un neno de 3 anos e a fixo así:colleu unha palliña verde,colleu fiso de colorines con purpurina,con unha etrela verde e con todo iso fixo unha árbore de nadal. 🌲🌲
    Gustoume moito.
    Ata mañá

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que bonito Uxía, alégrome que che gustara!😊

      Eliminar
  2. A miña non sei quen a fixo, non ten nome nin curso e son uns debuxos navideños.
    Tes razón Aleixo, as nosas postais quedaron chulísimas!. ����
    Gorka

    ResponderEliminar
  3. Gran traballo Gorka e quenes as recibiran seguro que están encantados/as!👍😉

    ResponderEliminar