Moito falamos na clase do coidado do medio que nos rodea e da importancia da súa conservación.
Cada día aparecen novas sobre o medio ambiente por mor da falta de conciencia dos seres humanos: incendios, plásticos no mar, fábricas contaminantes, mareas negras, vertedoiros ilegais...
En Ciencias Naturais estudiamos un tipo de barrio moi característico, os ecobarrios, que se dan cada vez máis nas cidades. Estes barrios ecolóxicos buscan unha maneira máis sostible de vivir, por medio de diferentes medidas: uso da bicicleta, aproveitamento da auga da chuvia, paneis solares nos tellados, xardíns e parques ao seu arredor...
Na clase de 4ºA dímoslle voltas e voltas á cabeciña para crear os nosos propios inventos ecolóxicos. A idea orixinal era facer un libriño de inventos, pero cal foi a miña sorpresa que moitos de vós construíchedes os vosos propios inventos! 😍👏👏👏
O primeiro en comezar é Gorka que nos trouxo unha cociña ecolóxica!
A cociña ecolóxica
Esta é unha cociña que está cuberta de papel de aluminio para que o sol reflexe nela e que dentro da cociña se acumule calor. Trátase dunha caixa que por fóra pintámola de negro porque o negro absorve a calor e isto axuda a que a cociña sexa máis eficiente. Por dentro, ten que poñerse un recipiente onde van os alimentos e debe de taparse o interior da cociña con metacrilato, vidro ou plástico duro e transparente. Desta maneira, a calor concéntrase no interior. É unha maneira de cociñar sen ter que gastar enerxía e utilízase para cociñar ou quentar a comida.
Cociñar coa enerxía renovable do Sol!
Gorka