Bo Nadal a todos e con moito sentidiño!!
🎆🎇🎉🎊🎄🎅👑🎁💝💖
"SumAndo sen restar" pretende ser un espazo educativo onde alumnado e mestre mostraremos e comentaremos diferentes asuntos tratados na escola. Trátase dun traballo conxunto, onde poñeremos todas as nosas ilusións, esforzo e responsabilidade no seu uso. Esperamos que sexa un espazo onde todos e todas sumemos para unha aprendizaxe positiva!
Último día do trimestre, que xa chega o Nadal! 👏👏👏🎄🎅👑
Hoxe foi un día de festa e troula! 🎉🎊🎬🎶🎵
Tivemos unha mañá intensa, na que gozamos dun divertido concerto do cantautor Xoán Curiel.
![]() |
Xoán Curiel presentándose ao alumnado da Baña. |
![]() |
Xoán Curiel explicando os seus inicios musicais. |
![]() |
Escoitando atentamente o concerto. |
![]() |
Xoán Curiel tocando o ukelele. |
![]() |
Xoán Curiel cantando. |
![]() |
Xoán Curiel tocando a súa guitarra. Que rara era! |
![]() |
Xoán Curiel ensinándonos ritmos coa pandeireta. |
Logo, subimos a clase para merendar un riquísimo chocolate quente con churros, máis as galletas e magdalenas que trouxo Anna para a clase. Estaba taaaaaaan rico todo! ☕🍪 Moito ollo tiven que ter, que case me deixades sen nada! Será posible... 😜 Riquísimo o teu biscoito tamén, Laura! 👌😋
![]() |
Anna repartindo as súas galletas e magdalenas. |
![]() |
Sandra feliz despois dunha rica merenda. |
![]() |
Danilo poñendo cariña de bo, a ver se cae unha segunda ración de chocolate... |
![]() |
Hugo sospeitando que o seu mestre quere roubarlle o chocolate... |
A merenda foi interrumpida pola concelleira de cultura que chegou para entregarlle uns agasaios a nosa compañeira Anna como premio do Certame de Postais de Nadal na categoría de Primaria.
![]() |
Moitos parabéns Anna! |
Despois de charlar e merendar, fumos a aula de 6ºA para ver a clásica película Solo en casa. 🎬🎥
A sesión tamén foi cortada pola chegada dun axudante de Papá Noel que vos repartiu larpeiradas. 🎅
Finalmente, regresamos a nosa clase para finalizar a mañá de maneira relaxada rematando debuxos de Nadal con música de fondo para por fin, antes de irnos, entregar os boletíns. 📩
Espero que vos gustaran as sorpresas de hoxe!
Moi bo Nadal a todos e a todas e gozade das festas en familia! 💝
👉 Mañá última publicación no blog do ano!
![]() |
Árbore de Nadal feito de tapóns |
![]() |
Gran mural coas postais de Nadal |
![]() |
O apalpador anuncia a chagada do Nadal! |
![]() |
Cal é o teu rei preferido? |
![]() |
Bo Nadal! |
Hoxe felicitamos a nosa compañeira Laura Buj, que para celebrar o seu cumpreanos tróuxonos unhas ricas e divertidas galletas.
👏👏👏🎉🎊🎁🎂😊
Moitos parabéns e que teñas un moi bo día Laura! 😘💝
Neste curso elixiuse como materia de libre configuración Informática. 💻
Cada martes imos á aula de informática para aprender e familiarizarnos co uso do ordenador, a web da escola, a aula virtual, o noso blog...
Ademais, aproveitaremos para traballar tarefas en distintas materias, ver vídeos, contacontos, curtametraxes...
👉 Sabemos que todo isto estase a coverter nunha tarefa complicada, xa que sen saber o motivo, a luz vai e ven cando quere, convertindo o noso centro nunha discoteca improvisada... Isto, as veces, fai inviable traballar cos ordenadores.
Continuamos cos traballos plásticos relacionados coas festividades norteamericanas.
Despois do gran mural das Elections 2020 emulando ás eleccións estadounidenses, en coordinación coa profesora de Inglés, elaboramos un gran mural sobre Acción de Gracias, Thanksgiving.
Pola nosa parte, o alumnado de 5º e 6º colaborou facendo uns simpáticos pavos decorados con follas para darlles un toque outonal.
Mostramos os resultados e un vídeo do proceso. 👇
![]() |
Receita do famoso pavo de acción de gracias |
![]() |
Alumnado de 6º admirando as postais |
![]() |
Onde está a miña postal? |
![]() |
As postais gañadoras! |
![]() |
Parabéns Anna! 👌😊 |