A nosa compañeira Anna mostrounos a importancia de lavar ben as mans para evitar, ou polo menos minimizar, a contaminación dos virus.
Como se soe dicir, unha imaxe vale máis que mil palabras! 👇👀💦💦💦
"SumAndo sen restar" pretende ser un espazo educativo onde alumnado e mestre mostraremos e comentaremos diferentes asuntos tratados na escola. Trátase dun traballo conxunto, onde poñeremos todas as nosas ilusións, esforzo e responsabilidade no seu uso. Esperamos que sexa un espazo onde todos e todas sumemos para unha aprendizaxe positiva!
A nosa compañeira Anna mostrounos a importancia de lavar ben as mans para evitar, ou polo menos minimizar, a contaminación dos virus.
Como se soe dicir, unha imaxe vale máis que mil palabras! 👇👀💦💦💦
Como sempre vos digo, encántame que fagades e presentedes traballos pola vosa propia iniciativa!
Aquí temos a nosa compañeira Saray, que quixo presentar un mural que elaborou ela mesma sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.
Bravo Saray pola túa iniciativa e traballo! 👌😊
Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o Día De Rosalía de Castro.
Para esta conmemoración, na escola fixemos varias actividades: participación nun podcast sobre Rosalía, elaboración dun mural feito polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega, escoita de cancións coas letras da poetisa, realización de fichas relacionadas coa vida e obra de Rosalía... incluso gravamos un vídeo onde despois dunha breve introdución biográfica, recitamos unha poesía da autora galega.
Esperamos que vos guste! 😉💙💜
![]() |
Cartel do Equipo de Dinamización de Lingua Galega |
Vídeos do traballo sobre Rosalía: fichas e poema. 👇
Has de cantar
Estádesvos animando a traer as vosas creacións artísticas feitas na casa para decorar a nosa aula!
Aquí temos outra obra de arte! Esta vez a autora é Antía. 👇🎨
Outro poeta que traballamos e escribimos a súa biografía, Antonio Machado, un dos máis célebres poetas do noso país xunto con Federico García Lorca.
Aproveitando que hoxe é o 82º cabodano da súa morte, aquí temos un vídeo onde a nosa compañeira Anna fala da súa vida. 👇
O último tema que estudamos en Naturais trataba sobre os animais e os seus diferentes tipos coas súas características.
Ben, pois como o ano pasado coa unidade dos sentidos, aquí temos a nosa compañeira Amparo, que nos expuxo unha fantástica master-class sobre os animais.
Unha clase moi interesante e entretida, onde todo o grupo-clase puido observar as moi variadas especies que Amparo mostrou e explicou: cráneos dun raposo e dun gato, insectos, escorpións...
Mostramos tamén unha fotoreportaxe co vídeo-explicativo ao final. Que o gocedes! 👇👀
Ingredientes:
·2 ovos
·100gr de manteiga
·100gr de azucre moreno
·200gr de fariña normal
·1tsp de levadura
·1 pizca de sal
·175g de pepitas de chocolate
Preparación:
· Precalentar o forno a 190ºC.
· Mesturar nun bol a manteiga co azucre ata formar unha masa uniforme (facelo mellor a man, non co batedor).
· Bater os ovos (ir añadindo un a un, non añadir un ovo ata que non estea integrado o anterior.
· Nun bol tamizar a fariña, o sal e a levadura.
· Añadir esta mestura de fariña, a levadura e a sal á masa. Mesturar ata que a fariña se integre, entón añadir as pepitas.
· Quedará unha masa blandiña; con ela hai que facer boliñas aplanándoas cunha culler, nun papel de forno e sobre unha placa.
. Fornear ata que o borde estea dourado.
Que o disfrutedes! 👍😉
Mariquiña
![]() |
Que ricas as galletas Mariquiña! 😋 |
![]() |
Galletas de Mariquiña e Amparo que repartiron antes do Nadal. |
E chegou o derradeiro día de Entroido na escola! 🎉🎊🎭
Para celebralo todos/as viñemos cos mandatos acumulados de toda a semana: con calcetíns de distinto par, calzado diferente, en pixama e cunha bata (batín, bata-manta...). Íades(mos) todos xeniais dándolle cor e alegría a un día de escola; que falta fai!
E chegou o último mandato da pantalla e do peliqueiro!
Hoxe estabades xeniais! A aula parecía a festa do pixama! 😅
Mañá debemos ir cos calcetíns de distinto par, calzado diferente, pixama e... unha bata!
Aquí temos os carteis! 👇🎭
Novo mandato da pantalla e do peliqueiro! 🎭
Este ano, como todas as festividades, será difícil celebrar a festa de Entroido...
Pero aínda así, o cole animouse a facer os tradicionais mandatos do Meco que serán acumulativos para rematar a semana difrazados.
Este ano os mandatos serán mostrados en dous murais feitos polos nenos/as, un no piso de abaixo (mandará un peliqueiro) e outro no de arriba (mandará unha pantalla).
Animádevos a participar! 🎭
A pantalla/peliqueiro manda...
Onte, domingo, foi o cumpreanos da nosa compañeira Olivia e para celebralo tróuxonos unhas galletas caseiras de xenxibre ben ricas acompañadas duns bombóns. 😋
Así da gusto comezar a semana! 👌😁
Grazas e moitos parabéns Olivia! 💝
🎆🎇🎈🎉🎊🎂
![]() |
Olivia mostrando os bombóns que supoñemos estará a comer Ana... 😆 |
![]() |
"MmmMMmmm... Que ben me ven como postre despois do bocadillo de xamón." |
![]() |
"Só unha galleta? Ben comía vinte..." 😋 |
![]() |
Pilar e Laura vixiando que Anna non colla máis galletas das debidas... 😛 |
Fai varias semanas desexabamos sorte ao noso compañeiro Nicolás no campionato de España en artes marciais celebrado en Málaga.
Pois ben, hoxe temos a sorte de que nos explique un par de técnicas que el usa para os seus combates.
Gracias pola master-class Nico! Moi interesante! 👇😃
Despois de rematar o libro de Julian, o grupo de Valores imos realizar varias lecturas de breves biografías sobre mulleres que nos chamen a atención dun libro que xa todos coñecemos e que xa se convertiu nun clásico deste blog educativo: Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes.
Espero que estas lecturas nos sirvan para aprender, coñecer, reflexionar, debatir, apreciar e valorar o papel da muller na nosa sociedade ao longo do tempo, pasado e presente, para que vós o afiancedes no futuro! 👍😉
Coincidindo co Día da Paz e o Día da Candeloria, e para dar ánimos nesta época tan complicada na que non nos podemos tocar e menos abrazar, todo o alumnado de Infantil e Primaria participou neste bonito mural onde os nenos e nenas aparecen fotografiados/as dándose unha gran aperta con alguén moi querido/a.
O mural quedou xenial e é moi emotivo ver as imaxes! 👏👏👏😍
![]() |
Deseño das letras |
![]() |
Repaso das letras |
![]() |
Non esquezamos o bonitas e necesarias que son as apertas! 🌺🌼🌹 |
Hoxe, 2 de febreiro, celébrase o Día da Candeloria. 💖🐥🌺
Di a tradición galega que é o día que casan os paxariños. É a data que marca o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera.