Hoxe é o cumpreanos da nosa compañeira Antía e para celebralo repartiu unha ricas galletas para a merenda da mañá.
![]() |
Parabéns Antía! 😘 |
![]() |
Antía repartindo galletas aos compañeiros/as. |
![]() |
Antía dando a escoller a Hugo unha galleta para a merenda. |
"SumAndo sen restar" pretende ser un espazo educativo onde alumnado e mestre mostraremos e comentaremos diferentes asuntos tratados na escola. Trátase dun traballo conxunto, onde poñeremos todas as nosas ilusións, esforzo e responsabilidade no seu uso. Esperamos que sexa un espazo onde todos e todas sumemos para unha aprendizaxe positiva!
Hoxe é o cumpreanos da nosa compañeira Antía e para celebralo repartiu unha ricas galletas para a merenda da mañá.
![]() |
Parabéns Antía! 😘 |
![]() |
Antía repartindo galletas aos compañeiros/as. |
![]() |
Antía dando a escoller a Hugo unha galleta para a merenda. |
Despois de que as dúas clases de 6º lera o libro de Billy Elliot, por fin hoxe vimos a película!
Así, en dúas sesións diferentes da mañá xuntámonos todos para gozar da versión cinematográfica.
🎥👀
Despois de ter que suspendela a semana pasada por mor do mal tempo, hoxe por fin puidemos dar un paseo pola contorna do concello. 👏👏👏
Persoalmente encantoume esta saída porque así puidestes ensinarme lugares da Baña que non coñecía.
Queremos que a próxima sexa máis longa! 👍😉
Aquí tedes uns vídeos do obradoiro musical. 👇😉
Esta semana imos participar nunha chea de activiadades! 👏👏👏😃
Hoxe, un obradoiro de traballo para a mocidade do concello quixeron ensinarnos as hortas nas que están a traballar durante todos estes meses.
A visita foi xenial, na que aprendimos moitas cousas sobre plantas, froitas, hortalizas, verduras... ademais, deunos tempo a sementar e incluso a recoller alimentos que algún de vós levou para a súa casa. 👍😄
🌷🌼🌺🌿🍓🍑🍅🍆
Espero que haxa futuras colaboracións entre estes obradoiros e a escola, xa que é unha boa oportunidade visitar e traballar hortas que están ao carón do noso colexio.
Mostramos uns vídeos como resumo desta visita. 👇😉
Continuamos a rebufo do Día das Letras Galegas.
Seguimos celebrando a vida e obra de Xela Arias, desta vez como tradutora.
Nesta ocasión, partillamos un podcast gravado polo alumnado de 1º da ESO no que falan sobre a profesión de tradutor/a e a súa importancia para a lectura de libros. 👇📝📻
Tres alumnas de 6º de EP do noso centro (Laura, Olivia e Amparo) participaron nunha breve charla sobre a persoa e vida de Xela Arias, autora á que está adicado o Día das Letras Galegas neste ano 2021.
Tratamos o podcast coma unha conversa entre amigas, de maneira relaxada e amena.
👉 Agradecer o traballo de Mar na edición.
Mostramos unhas imaxes da gravación máis o enlace do podcast. 👇👀📻
📢 O son da Baña: Coñecendo a Xela Arias
Hoxe, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas!
💙👅💙
Recordamos que neste ano 2021 está adicado á tradutora, profesora e poetisa Xela Arias.
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, todo o alumnado do noso centro colaborou para a creación dun bonito mural cheo de palabras galegas.
Hainas ben fermosas! 💙
Bágoa, amodiño, meiga, morriña, luscofusco, andoriña, xoaniña, sapoconcho, esmorga, agarimo...
Este ano estamos a gozar os recreos con música de fondo, unha idea que me encanta! 🎶🎵
Cada día escoitamos todo tipo de música mentres xogades e hoxe colouse unha canción que a moitos fíxovos moita gracia. Eu, a escoitala, acordeime deste vídeo que aínda o fai máis divertido e que vimos na clase á volta do descanso. Aínda nos botamos unhas risas!
Esta semana temos control de Naturais, concretamente sobre a función de reprodución.
Usaremos este vídeo como repaso e para traballar na aula virtual. 👇🎦
Despois do roteiro que fixemos no Parque Natural de Corrubedo, fixemos uns traballos nos que se falara sobre a experiencia de dita saída e de todo o que aprendimos nela.
🌱🌳🌼🐇🐾🌅
Debo dicir que estou moi satisfeito dos resultados e da vosa implicación. 👍😉📚📝📷
Mostramos exemplos neste breve vídeo. 👇🎦
Un dos traballos de Plástica consistiu en traballar varias sesións ao aire libre, onde nos fixamos en elementos da natureza para inspirarnos e crear as nosas obras de arte.
🎨🌳🌲🌺🌿🍃🌄
As árbores, os arbustos, as montañas, as casas, o patio ou incluso os propios compañeiros serviron de modelos para os nosos debuxos.
Aquí temos algunhas imaxes de ditas sesións. 👇👀
Neste derradeiro trimestre, o grupo de Valores imos facer debates sobre aspectos relevantes da nosa sociedade nos que sabemos que hai certa controversia, no sentido de que unha parte está a favor e a outra está en contra.
Por medio destes debates, aplicaremos o traballo de investigación, o traballo en equipo, a tolerancia do que pensa distinto a nós, respectar o turno de palabra, practicar a oratoria, entender diferentes puntos de vista...
Moito ánimo! Estades a facelo moi ben! 👌😊
![]() |
Informándonos sobre os M.E.N.A. |
![]() |
Investigando e organizando a información. |
![]() |
Último repaso antes do gran debate. |
![]() |
Traballo en equipo. |
![]() |
Todo listo para o debate. |
![]() |
Comeza o debate! |
![]() |
Intervención de Paula. |
![]() |
Danilo, como xurado, seguindo moi atento o debate. |
![]() |
Rebatindo ideas. |
![]() |
Moi atentas á intervención das súas contrincantes. |
![]() |
Preparadas para responder e discutir por medio da palabra. |
Novo conto para traballar esta semana na aula virtual.
Trátase dun conto cun oso como protagonista, titulado El oso manso. Pero o animal tan manso, tan manso, igual non era... E se non, que llo pregunten aos gnomos que lle facían a vida imposible a unha pobre familia. 🐻
Espero que vos guste! 👇😉
Volve a nosa compañeira Olivia a aparecer na sección de Artistadas!
Fai tempo que se está a facer unha campaña a prol dunha canle dirixida ao público infantil e xuvenil en galego. 💙📺
Deste xeito, houbo iniciativas de firmas, anuncios, reinvindicacións... Este vídeo é unha máis destas iniciativas para que mozos e mozas coma vós poidades gozar duha canle en galego as 24 horas do día sen estar atados/as a un horario, ao igual que ocorre con outras canles ben coñecidas como Clan, Disney, Boing...
Aquí tedes o vídeo onde actores e actrices de dobraxe en galego apoian esta iniciativa onde todos e todas sairiamos gañando. 👇💙🎦