viernes, 5 de junio de 2020

Solucións (1-5 de xuño)

Bos días a todos e a todas! 👋😊

Achego na aula virtual as solucións (marcados a vermello) dos exercicios correspondentes ao tema 8 das linguas e Matemáticas, máis os de Sociais do tema 4.

Con isto, rematamos o repaso deste curso! 👏👏👏😅
Bravo polo voso traballo!

Ao longo destas dúas últimas semanas, avanzaremos nas lecturas, vocabulario e gramática nas linguas con algún que outro traballiño práctico e, por outra banda, miraremos algo de xeometría en Matemáticas. Sempre conceptos xa coñecidos noutros cursos.
Ademais, compartiranse actividades e xogos didácticos interactivos como repaso das nosas aprendizaxes.

Sen máis, espero vervos o luns no noso encontro de 5º! 👍😉
Recordade que a invitación ten un sistema automático para cada luns, polo que non esperedes unha nova invitación. Debedes entrar no primeiro correo que vos mandei esta semana.

Que teñades unha moi boa fin de semana! 😘🌈


No hay comentarios:

Publicar un comentario