Nova banda para escoitar esta primeira semana de decembro: AC/DC
AC/DC é un grupo de orixe australiano que moi pronto emigrou a Inglaterra para buscar o éxito no mundo do rock.
Como curiosidade, decirvos que o seu nome provén dos aparatos electrónicos, nos que aparecen estas letras indicando a toma de corrente para o seu uso: corrente alterna/corrente continua. Ao grupo gustoulle a idea pola relación coa electricidade e a forza do rock.
Durante os anos '70 o seu ascenso ao éxito foi pasiño a pasiño ata que cun dos seus discos máis míticos, Highway To Hell (1979) obtiveron a fama en todo o mundo. Na cúspide da súa carreira morre o seu cantante, Bon Scott, sendo substituído por Brian Johnson. Con este último graban outro disco mítico, Back in Black (1980), que como o seu propio título indica, era unha volta de luto e adicada ao seu anterior cantante.
Ao longo dos anos a banda cambiou de formación, sendo os guitarristas e irmáns Young os líderes da banda. Malcolm Young (guitarra rítmica) manteríase nun discreto segundo plano, mentres o seu irmán pequeno, Angus Young, convertiríase na cara visible de AC/DC, vestindo como un colexial e movéndose no escenario coma se estivese poseído pola música que emanaba das cordas da súa guitarra.
Espectaculares son os seus directos enchendo estadios de fútbol por todo o mundo (o voso profe viunos fai anos en Barcelona e aínda non se recuperou do shock! 😜).
Os últimos anos do grupo foron complicados. Problemas de xordeira do seu cantante, problemas coa xustiza do seu batería ou a triste morte de Malcom Young.
Finalmente este ano volvéronse reunir para editar un novo disco e iso sempre é un motivo de celebración para os amantes do hard rock!
Subide o volume e... a rockear! 😎🎸🎶🎵
🎸 Primeira etapa con Bon Scott como cantente.