"SumAndo sen restar" pretende ser un espazo educativo onde alumnado e mestre mostraremos e comentaremos diferentes asuntos tratados na escola.
Trátase dun traballo conxunto, onde poñeremos todas as nosas ilusións, esforzo e responsabilidade no seu uso.
Esperamos que sexa un espazo onde todos e todas sumemos para unha aprendizaxe positiva!
Outro autor que traballamos en Plástica, Jean Michael Basquiat. 🎨
Este artista foi un pintor moi recoñecido nos anos '80, discípulo de Andy Warhol e cun estilo moi persoal.
Neste traballo, dímonos conta que o arte é moi amplo e que moitas veces non se busca a beleza dunha obra, senón transmitir emocións dunha maneira orixinal. Nesta actividade intentamos transmitir emocións, denuncias ou ideas a través do trazo ou da elección de cores e non do debuxo. Un estilo moi sinxelo, pero difícil de interpretar.
En 6º non deu tempo ao ter que facer outros traballos, pero co alumnado de 5º, ao rematar as obras, o grupo expuxo en alto o que nos transmitían ditas obras para logo comparalo coa idea orixinal do autor.
Debo dicir que saíron ideas moi interesantes!
Mostramos un vídeo do proceso creativo do alumnado de 6º. 👇😉
Esta semana toca escoitar a unha das bandas de referencia da música feita en galego.
Os Resentidos formáronse na cidade de Vigo a principios da década dos '80, sendo Antón Reixa o seu líder. Todas a súas composicións musicais foron escritas en galego con mensaxes reinvindicativas tanto sociais coma políticas, sempre co humor, coa ironía e a retranca como a súa maneira de expresarse.
A súa música é unha mestura de diferentes estilos musicais como o rock, o punk, o ska, o rap, a música tradicional galega, o blues e jazz, a cumbia...
Xunto cos Siniestro Total (grupo do que xa falamos no blog) lideraron a movida de Vigo nos '80.
Famosas son cancións como Galicia caníbal (Fai un sol de carallo); Galicia, sitio distinto;Sector naval ou Cumbia china.
Un día moi especial para os lectores e lectoras, que aproveitamos para acudir a ferias do libro, asistir a actos en bibliotecas, participar en actividades nas escolas, comprar nas librarías...
Para min, uns dos meus días favoritos do ano! 👌😊
Aquí mostramos un espazo adicado a este día e á lectura en xeral, onde destacamos libros de diferentes idiomas, temáticas, niveis, tamaños...
E xa sabedes, intentade que cada día sexa o día do libro por medio da boa lectura! 😉📚
Espazo adicado a Xela Arias e á lectura en galego.
Actualmente, na materia de Sociais, estamos a estudar a Unión Europea (EU) e para repasalo imos traballar na aula virtual cun par de vídeos para que entendamos ben esta unidade un tanto liosa...
Espero que vos sirva de repaso e de axuda para unha mellor comprensión. 👇👀
Continuamos coas biografías musicais, que as tiñamos un pouco paradas...
Esta semana toca falar de Joan Jett, unha roqueira da que xa falamos en Valores co libro Cuentos deBuenas Noches Para Niñas Rebeldes.
A Joan Jett encantáballe o Rock'n'Roll dende moi moza e xa con 14 anos tocaba a guitarra eléctrica soñando con formar parte dunha banda de rock.
Aos 15 anos fundou a banda The Runaways coas súas compañeiras Cherry Currie (cantante), Lita Ford (guitarra solista), Jackie (baixo) e Sandy (batería).
Nos anos '70 tiveron bastante éxito en Europa e sobre todo en Xapón con cancións como Cherry Bomb, Queens of Noise ou Wasted, pero non así no seu país, EEUU. Alí tiveron que lidiar co machismo e intolerancia de moitas persoas do mundillo musical, as cales non as respectaban por ser unha banda formada por mulleres e ademais moi xovenciñas.
Co tempo, acabaría marchando a cantante Cherry para comezar unha carreira en solitario. Nesta última etapa da banda é Joan quen se encargará de darlle voz ás cancións das Runaways.
Finalmete, en 1979, a banda sepárase. Nestes momentos duros, Joan Jett decide gravar discos en solitario, pero ao ser rexeitada polas discográficas, decide ser a primeira muller en crear a súa propia casa de discos para editar a súa música. É así como comeza a súa longa e exitosa carreira en solitario baixo o nome de Joan Jett & The Blackhearts. Cos anos acadaría éxitos con cancións coma I LoveRock'n'Roll ou Bad Reputation.
A día de hoxe segue a realizar xiras por todo o mundo e a colaborar con moitas bandas de éxito.
Esta semana o grupo de 6ºA está de celebración, xa que esta semana están de aniversario Ángel, que onte cumpriu 12 anos, e Aldara, que os cumprirá o sábado.
A próxima tarefa na aula virtual será explicar coas vosas propias palabras este fenómeno que os seguintes vídeos explican de maneira moi didáctica o por que desta distorsión da realidade entre o globo terráqueo e o mapamundi plano e que moita xente descoñece. 🌍
Pedazo de mural que fixemos os nenos e nenas de 6º coa colaboración de 5º!
Nas sesións de Plástica en coordinación con Ivette, a profe de Inglés, diseñamos e creamos un gran mural no que queriamos traballar unha canción que representase unha idea positiva deste mundo que a día de hoxe está a pasar momentos incertos.
A semana pasada falabamos do artista Louis Armstrong e pensamos que a súa canción What awonderful world sería perfecta para este traballo. 💙💚💛💜
Bravo por todos/as os que participastes, en especial a nosa compañeira Anna (principal artífice de dito mural). 👏👏👏😍
Hoxe, Jorge, un traballador do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) deunos unha charla sobre espazos naturais protexidos, máis concretamente sobre o Parque Naturalde Corrubedo, ao que imos visitar o venres da próxima semana! 🌲🌅🌳🐢🐤
Unha charla do máis interesante para coñecer as características destes espazos naturais e concienciarse da importancia da súa conservación.
Os meus parabéns a todos polo voso interese e participación en dita charla! 👌😊
Comezamos o derradeiro trimestre do curso cunha suxestión!
Moi interesante a mostra que hai na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Faraón. Rei deExipto.
Unha exposición sobre Exipto, coa colaboración entre o British Museum, a Fundación La Caixa e a Xuntade Galicia; onde poderemos ver unha colección de 140 pezas orixinais pertencentes á colección do museo británico.
Teremos a oportunidade de observar estatuas, xoiería e obxectos cotiáns da época da monarquía exipcia, cerquiña da casa e sen ter que viaxar a Londres!
Espero que vos interese, xa que é unha gran oportunidade!