Bos días! 👋😃
Como cada venres, achego na aula virtual as solucións dos exercicios desta semana.
Unha vez correxidos, podedes mandar as fichas ao meu correo electrónico. 👇
aleixo.gutierrez@edu.xunta.es
Como vos comentei no encontro telemático de onte, esta fin de semana recibiredes unha invitación no correo electrónico para un encontro comigo o próximo luns 1, ás 12,15h para falar entre nós durante un ratiño.
Para acceder á reunión é o mesmo proceso que facedes con Ivette. 💻
Como sabedes, non funciona o micrófono do meu ordenador, polo que accedín a outro prestado, espero non ter problemas para realizar o encontro e se así fora, seriades avisados polo correo.
Gustariame que durante esta fin de semana pensedes sobre toda esta situación que estamos a vivir e cales son as vosas reflexións.
Como te sentiches ao principio do confinamento?
Estiveches preocupado/a ou despreocupado/a por esta situación?
Acostumbrácheste a esta situación co paso do tempo?
Tiveches medo cando comezamos a saír de novo?
Que foi o que máis botaches de menos durante este tempo?
Que foi ou que é o que máis che apetece facer estes días de desescalada?
De todo isto falaremos o luns. 😉
Unha charla entre amigos e amigas! 💬😄
Sen máis, deséxovos unha gran fin de semana! 😘🌈