"SumAndo sen restar" pretende ser un espazo educativo onde alumnado e mestre mostraremos e comentaremos diferentes asuntos tratados na escola.
Trátase dun traballo conxunto, onde poñeremos todas as nosas ilusións, esforzo e responsabilidade no seu uso.
Esperamos que sexa un espazo onde todos e todas sumemos para unha aprendizaxe positiva!
Esta fin de semana foi a Festa da filloa da pedra da Baña.
A pesar do mal tempo, puidemos gozar da gastronomía, da música, dos diferentes postos de artesanía e da boa compaña. 👌😊
Ademais, houbo talleres para os nenos e nenas. Un destes talleres consistiu en diseñar camisetas.
Algúns de vós trouxestes estas camisetas hoxe e pensei que sería interesante explicar como as fixestes.
A nosa compañeira Laura Buj explícao de seguido.
TALLER DE CAMISETAS
NECESITARÁS : - Moitas ceras de cores. - Afíalapis. - Pratos de plástico. - Papel de cebola. - Unha camiseta branca ou negra. - Imprimir imaxes ou letras anchas. - Plancha. COMO FACELA: Afiamos as ceras ata que se acaben, unha mestura en cada plato: amarelo e laranxa, lila e rosa... Cando acabemos de afiar, eliximos o debuxo e recortámolo. Despois, poñemos o papel de cebola dentro da camiseta. Collemos a imaxe recortada e poñémola encima de onde queres que esté o debuxo da camiseta. Botámoslle a cera por riba do debuxo e poñémoslle o papel de cebola. Planchámola, quitámoslle o papel e... listo! 😉 Laura Buj
Comparte en galego! é un proxecto do concello da Baña en colaboración co alumnado do CPI de San Vicente.
Esta iniciativa consiste en promover o uso do galego partillando frases no noso idioma polas redes sociais. Estas frases serán escritas e ilustradas polo alumnado do noso centro. 💙
A primeira imaxe é sobre San Valentín feito por unha alumna de 6º, Laura Domínguez.
👌😊
Cando recibín a noticia do meu novo destino de traballo, o primeiro que fixen foi buscar información do cole da Baña na súa páxina web. Despois de ollalo durante un rato, chamoume a atención unha actividade de biblioteca titulada Xoves expertos, e aí que me metín. Que actiovidade máis bonita! Recordo que pensei que ogallá o seguiran facendo para este curso.
Pois ben, por fin comezaron estas xornadas, nas que cada xoves o alumnado do colexio irá mostrando os seus coñecementos sobre un tema ao resto de compañeiros/as para que todos aprendamos.
Hoxe foi a inauguración coas nosas compañeiras Olivia e Laura Buj, quenes ensinaron todo sobre dous instrumentos que tocan de marabilla como é o oboe e o clarinete, respectivamente. 🎶🎵
Como a min coincídeme garda de patio os xoves e gravar na biblioteca con outros nenos e nenas sería complicado, decidimos facer un ensaio un día antes. Desta maneira, tivemos a nosa propia exposición na nosa clase.
Estivo xenial saber sobre os seus instrumentos e gozar dunha canción en directo. Bravo chicas!
(Mención especial para os que fixeron de atriles 👌😁).
Aquí volo deixo!
Cando participen máis nenos ou nenas do noso grupo-clase informaremos. 👍😉
Seguimos animándonos a escribir receitas e as galletas son as grandes protagonistas.
Que ricas! 😋
Desta vez, é a nosa compañeira Ana quen nos ensina como fai ela as súas deliciosas galletas caseiras. Galletas caseiras🍪
Ingredientes: 120 g. de azucre glas. 400 g. fariña de repostería. 240 g. de manteiga troceada. 1 ovo. Preparación: Poñer todos os ingredientes na amasadera. Cando estea, retirar a masa e envolvela con film transparente e metela na neveira uns 15 minutos. Cortar a masa en tres trozos. Colocar unha parte na superficie de traballo, espolvorear con fariña. Meter a outra parte na neveira. Extender a masa e cortala con cortapastas. Colocar en bandexa de forno. Metela no forno 10-12 minutos a 180ºC co forno precalentado . Que vos aproveite! 😉😋