A mestra de 6º, Andrea, fixo cos seus alumnos/as este cartel tan chulo e que, co seu permiso, quero compartir con todos vós. A min encantoume! 👌😍
"SumAndo sen restar" pretende ser un espazo educativo onde alumnado e mestre mostraremos e comentaremos diferentes asuntos tratados na escola. Trátase dun traballo conxunto, onde poñeremos todas as nosas ilusións, esforzo e responsabilidade no seu uso. Esperamos que sexa un espazo onde todos e todas sumemos para unha aprendizaxe positiva!
martes, 20 de noviembre de 2018
Día dos dereitos da infancia
O 20 de novembro celébrase o Día dos dereitos da infancia. Estes dereitos protexen ás persoas cando aínda son menores de idade e a responsabilidade de facelas cumprir é dos adultos.
lunes, 19 de noviembre de 2018
Un alimento, un libro
Hoxe, luns 19 de novembro, no CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios celebrouse unha campaña de recollida de alimentos en colaboración co Banco de alimentos, baixo o lema: Un alimento, un libro. Deste xeito, todo aquel que trouxera ao centro un alimento ou produto de hixiene persoal no día de hoxe, recibiría un libro.
Os nenos e nenas de 4ºA colaboraron nesta bonita e necesaria iniciativa. 👍
Recordamos que, aínda que o regalo do libro só era hoxe, a campaña de recollida de alimentos durará ata finais deste mes.
Moitas gracias pola vosa colaboración!

viernes, 16 de noviembre de 2018
Magosto
Esta semana celebramos o Magosto cunha xornada festeira con xogos tradicionais e castañas. Os nosos compañeiros Héctor Boullón e Gorka fan un resumo de seguido.
O martes, 13 de novembro, celebramos o Magosto no cole. Foi un día moi especial porque participamos en xogos tradicionais e comimos castañas asadas, estaban moi ricas! 😋🌰
Xogamos a 11 xogos:
1. Botellas: consistía en meter un aro nunha botella.
2. O pano adaptado ao Magosto: cada un tiñamos un número e cando dicían o noso tiñamos que coller a bolsa de castañas.
3. Tres en raia: aliñar tres castañas ou chapas, xa sabemos todos como se xoga.
4. A castaña na culler: carreiras levando 2 castañas sen que caeran.
5. A araña goma: consistía en que uns nenos/as collían unhas gomas e complicaban o teu paso porque non podías tocalas.
6. Varrer a castaña: por equipos e por quendas varriamos unha castaña.
7. A araña: un grupo de nenos/as collidos da man impedían o paso aos demais.
8. Apañar as castañas: eran dous xogos diferentes nos que cada equipo tiña que recoller castañas antes que os outros.
9. A castaña fai canastra: Cada equipo e por quendas tiña que encestar castañas dentro dunha caixa.
10. Mouros e cristiáns: un neno/a tiña unha castaña e outro/a do equipo contrario tiña que pillalo/a se lle daba a castaña.
11. A corda: dous equipos tiran da corda, perdía o que era arrastrado ata unha liña.
Despois destes xogos, sentámonos nun recuncho do patio a comer castañas asadas.
Antes de subir a clase, xogamos un ratiño no patio, mentres Lía e Ainara ensinaban a Aleixo e a outros nenos e nenas varios pasos de baile galego.
Pasámolo xenial! 😄
Héctor B. e Gorka

jueves, 15 de noviembre de 2018
Arte acuática
miércoles, 14 de noviembre de 2018
Día mundial da diabetes
O día 14 de novembro conmemórase o Día mundial da diabetes. O noso centro educativo sumouse no día de hoxe a esta iniciativa por medio de actividades, charlas e carteis informativos.
Nós, a nivel de aula, lemos e falamos sobre esta enfermidade: orixe, características, os seus diferentes tipos, tratamentos a seguir... Sorprendeume que moitos de vós sabiades do tema, ademais de coñecer persoas con esta enfermidade.
A finalidade desta conmemoración é informar, concienciar e normalizar sobre a diabetes.
Ademais, a nosa compañeira Lía recordou a Sonia Sotomayor, primeira xuíza latina no Tribunal Supremo de USA e mencionada no libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2" que tamén sofre este problema.

martes, 13 de noviembre de 2018
E as portas gañadoras son...
lunes, 12 de noviembre de 2018
Van Gogh en movemento!
Ollade á parte superior do vídeo durante uns 20 ou 30 segundos. 👀
Despois mirade a obra pictórica ("A noite estrelada" de Vincent Van Gogh) abaixo...
Que efecto vedes?

viernes, 9 de noviembre de 2018
O crebanoces
Esta semana, xoves 9, o alumnado de 4º acudiu a un concerto especial no cal se mesturaba música clásica con monicreques. A obra representada foi O Crebanoces de Chaikovski. A nosa compañeira Ana fainos un resumo a continuación.
Este xoves, 9 de novembro, fumos ao Auditorio de Galicia a escoitar unha peza chamada O crebanoces, unha obra de Tchaikovsky (ou Chaikovski) interpretada pola Real Filharmonía de Galicia xunto a unha compañía de monicreques.
Os personaxes principais son María, o Crebanoces e o seu tío, ademais de outros secundarios. A obra trata dun rei que come unha noz dourada e pide un desexo: paz e prosperidade para todo o mundo. Pero non era a noz que el pensaba e en vez diso, convértese nun crebanoces xigante. Ao final e despois de varias aventuras, por fin toma a noz dourada tan desexada e volve a súa forma orixinal.
A obra era moi bonita e divertida, ainda que ao principio ás imaxes que proxectaban non lles encontraba moito sentido... 😅 Ao chegar tivemos que sentarnos na esquina contraria a onde estaban colocados os monicreques polo que non viamos ben, xa que os rapaces poñíanse de pé para intentar ver mellor a obra. Eu tiven sorte porque Aleixo deixoume sentar noutro sitio onde podía ver mellor.
En resumo, foi xenial! Mereceu moito a pena ir ata alí. 😄
Ana Arango González

jueves, 8 de noviembre de 2018
Alerta laranxa!
No día de mañá, 9 de novembro, activarase unha alerta laranxa por temporal a partir das 12.00h. polo que non haberá actividades ao aire libre durante a xornada escolar.
Ademais, non haberá reparto de froita no recreo, así que por favor, non esquezades traer merenda da casa.
Sinto que o aviso sexa tan tarde...
Boas noites!

Portadas de Wonder
Pasan os días e pouco a pouco imos avanzando na nosa lectura do libro Wonder. Lemos, explicamos, debatimos e traballamos fichas. Para comezar o noso proxecto, hai uns días deseñamos unhas portadas personalizadas que por fin rematamos e que temos expostas na nosa aula.
Aquí as tedes todas xuntas!
Que vos está parecendo o libro? Gústavos? Parécevos interesante? Escribide un comentario.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)