martes, 17 de marzo de 2020

Queda na casa... e móvete!

Todos e todas sabemos do importante que é facer exercicio para manternos fortes e sans.
Pero... con esta teima de quedar na casa... como podemos facer exercicio físico e estar activos?

Aquí tedes algunhas ideas.
A ver que vos parecen! 😉

1. Xogar ás adiviñas por xestos.
2. Baile e coreografías (con aplicacións como: Just Dance, Dance Central, Tik Tok...).
3. Aprender e practicar zumba (hai moitos titoriais en Youtube).
4. Xogar ao escondite pola casa (sen molestar aos maiores).
5. Practicar malabares (sei que xa traballastes esa disciplina con Roi).
6. Xogar ao escondite inglés.
7. Preparar unha obra de teatro.
8. Disfrazarse.
9. Xogar ao Pictionary.
10. Subir e baixar escaleiras (se tedes na casa).
11. Pasear pola casa ata un certo número de pasos.
12. Exercitar o corpo: abdominais, saltos, sentadillas...
13. Xogos de equilibrios.
14. Videoxogos para realizar movementos físico.
15. Retos motrices: quen salta máis alto, quen salta máis lonxe, quen aguanta máis nunha postura...
16. Saltar á comba nun lugar seguro e sen molestar.
17. Xogar á galiña cega.
18. Practicar pilates (titoriais en Youtube).
19. Xogar á goma.
20. Encestar nunha papeleira.
21. "Búsqueda do tesouro" pola casa.

Recordade que non debemos descoidar a actividade física durante estes días de peche na casa.

Queda na casa... e móvete! ⚽🏃🏀🎾🎽🎼🎭🎯🎳🎪🎤🎧🎶

Información na web do centro

Bos días a todos e a todas! 👋😊

Hoxe comparto de novo o enlace da páxina web do noso centro educativo, CPI de San Vicente da Baña, para que saibades a maneira de contactar e traballar de cada titor/a e especialista de cada curso.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisanvicente/

Sei de familias que tempo atrás tiveron problemas para escribir no blog, así que para que todos poidades contactar comigo para calquera cousa, deixo o meu correo electrónico.
Así tamén vos poderei atender de maneira máis individualizada e privada. 💻💬

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Saúdos! 😉


lunes, 16 de marzo de 2020

Confirmación de traballo a realizar

Para que non  haxa dúbidas en canto ao traballo a realizar entre o alumnado, vouno escribir aquí.

Recordo que, a maiores destes exercicios, está o repaso de todos os temas anteriores, realizar ditados, lecturas, cálculo, problemas de razoamento...

Nas diferentes páxinas do blog hai esquemas deste curso e do anterior que vos poden axudar. Ademais, ao longo dos días compartirei diferentes enlaces para descargar e imprimir fichas de traballo de diversas materias se vos interesa.

Traballo a realizar durante as próximas dúas semanas

- Lingua Castelá: 
.Páx. 114 e 115 (ademais podedes seguir repasando os xentilicios da libreta).
. Páx. 121: ex. 3-8 e o ditado. (Algúns xa están feitos na clase) 
. Páx. 136: ex. 1 e 2
. Páx. 137: ex. 3-10 e o ditado
. Facer a lectura do T.8 e a comprensión lectora (páx.124 e 125) Recordade que o saltaramos. 
. Repaso trimestral: páx. 138 e 139 (ex. 11-15 e o ditado)

- Lingua Galega: Rematar  T.7 e ir facendo o T.8 (sintoo, pero non teño o libro na casa...) 🙈

- Matemáticas: 
. Páx. 120: ex. 1-8
. Páx. 121: ex. 9 e 13-17
. Repaso trimestral: páx.124, 125, 126 (ex. 30-41) e 127.

- Naturais: Estudo do T.4 (repaso de anteriores temas e ir mirando a seguinte unidade).

- Sociais: Penso que quedaron os libros na clase... Sen problema, a mirar mapas físicos e políticos de Galicia, España e agora, con esta situación, incluso europeo e mundial. Mirar atlas pode ser moi entretido, bueno, a min entretenme moito... ✌😁

Insisto que a maiores, e ao longo dos días, irei compartindo enlaces con máis material para descargar e imprimir, así como xogos didácticos, vídeos educativos, curiosidades...

Por favor, se sabedes dalgunha familia que poida estar desconectada, rogo que a informedes por medio do teléfono ou wassap. Moitas gracias! 😊

Moitos bicos e ánimo a todos e a todas! 💪😘😘😘


Tortitas (Aitana)

E como non imos deixar que esta dichosa epidemia interfira en SumAndo sen restar...
Nova receita para o blog!

A nosa compañeira Aitana móstranos os pasos para facer ricas tortitas!
👏👏👏😋

Para facer tortitas necesitas:

INGREDIENTES:
- 180 gr. de fariña.
- 2 ovos.
- 50 gr de manteiga.
- 275 ml. de leite.
- 50 gr. de azucre.
- Unhas gotas de esencia de vainilla.
- Un poco de sal.

Preparación:
Primeiro: bótanse os ovos, añadimos o azucre e logo batémolos.
Segundo: agregamos a manteiga.
Terceiro: botamos as gotas de esencia de vainilla e batemos ben.
Cuarto: vertemos a fariña e un poco de sal e volvemos a bater.

A continuación:
Collemos a tixola, calentámola e botamos trozos de manteiga.
Despois botamos un pouco de  masa e facemos un círculo, non moi grande porque senón ao darlle a volta romperiase. Cando vexas que está tostada por abaixo, daslle a volta e esperas a que se agarre por abaixo.

Podes acompañalas con calquera cousa (mel, xeado, nutella...). 😋

Bo proveito! 😉

Aitana


Educlan

Dende SumAndo sen restar mostraremos varias e diferentes ferramentas educativas para as familias durante o peche preventivo dos centros educativos.

Un exemplo é o enlace que partillamos neste primeiro día. 👍😉

A partir de hoxe, luns 16 de marzo, RTVE e concretamente o canle televisivo CLAN, poñerá nos seus medios dixitais (web, apps, TV...) e de maneira gratuita, contidos audiovisuais/educativos para nenos/as de 4 a 10 anos.

Este proxecto, denominado EDUCLAN, está elaborado en coordinación co Ministerio de Educación, Universidade e Formación Profesional e con distintas editoriais educativas.

Espero que sexa do voso interese.

https://www.rtve.es/rtve/20200313/clan-lanza-educlan-durante-cierre-centros/2010023.shtml

Horarios e rutinas

Durante estes días debemos ser conscientes de que non estamos de vacacións. Aínda que polo de agora, esta medida de prevención é de 14 días, non sabemos con certeza canto pode durar, polo que é importante crearse un horario para as nosas actividades diarias.

É inevitable os cambios de rutina, pero debemos intentar minimizalos, xa que necesitamos unhas pautas similares ás habituais.
Variar horarios de maneira drástica e caer na inactividade, pode supoñer estados de confusión, trastocar o noso estado de ánimo, alterar o noso horario de sono, sufrir maior irritabilidade na convivencia ou influir no apetito.
Por iso, recalco que non estamos de vacacións e que debemos facer caso (non deberían nin de dicírnolo...) á hora de poñerse a facer exercicios ou adicar tempo ao estudo.
📅📌

Ser capaces de saber cando nos toca estudo, facer tarefas do fogar, realizar algo de exercicio físico, xogos, lecturas... é importante para manter un bo estado de ánimo, así como unha orde no día a día nas nosas casas.

Somos xa maiores para poder axudar na casa, xogar cos irmáns/ás pequenos/as, coidar dos animais, gozar da compaña familiar, etc.

Para iso, déixovos uns exemplos de horarios que encontrei polas redes e que vos poden dar unha idea para elaborar o voso propio.

Unha vez máis, saúdos e ánimo coa concilia! 👍😉





Escribimos historias

Ola a todos e a todas, pequenos e maiores! 👋

Comezamos o período de encerro na casa para prevenir posibles contaxios e así non masificar os centros de saúde. 😷

Como isto non se trata dunhas vacacións, ao longo destes días SumAndo sen restar seguirá coa súa actividade, máis intensa agora se cabe. Buscarase enlaces, actividades, vídeos... para seguir aprendendo dunha maneira diferente e por medio telemático. Compartirase vídeos educativos, cultura popular, curiosidades, música, arte, literatura, cine, manualidades, xogos...
📚💻🔭🔬🎨🎥🎶🎬🏀🌍

Para comezar, gustaríame dicirvos que, ademais das actividades académicas indicadas levadas para casa nos libros e libretas, se queredes podedes repasar materia xa dada no anterior trimestre e incluso avanzar materia para que cando a demos xa vos vaia soando a explicación.

Para que estedes tranquilos, á volta non haberá inmediatamente probas escritas ou orais, como estabamos a piques de comezar. Os primeiros días serán para reflexionar e debatir sobre o que está ocorrendo, que sentistes ou estades sentindo, que é o que botastes de menos durante o encerro na casa, o bo e o malo que sacou de nós esta extraordinaria situación, como actuariades se a seguridade dependera de vós... Sobre todo isto falaremos á volta. 😀💬💭

Estas reflexións déronme a idea de que podedes escribir unha redacción sobre esta experiencia ou inventar unha historia, conto, novela corta coa epidemia como tema principal. ✏👾
Por certo, sería un detalle ser optimistas no enfoque da historia. 😅

Para este traballo tede en conta o que aprendestes: introdución, nó e desenlace; personaxes principais e secundarios, crear diferentes escenarios, uso de descricións, coidar a ortografía e presentación, acompañar o texto con varias ilustracións... Enriquecede ao máximo a voso texto.
Non o fagades nun momento concreto. Pensade, buscade ideas, inspirarvos nas noticias, relede o escrito, cambiade cousas, traballade ben os debuxos... É un traballo a longo prazo, durante estes días.

Para axudarvos, na páxina de Lengua deste blog, tedes esquemas e cadros para traballar a expresión escrita.

viernes, 13 de marzo de 2020

Actividades para os vindeiros días

Estimadas familias:

Confirmado o peche dos centros educativos durante 14 días a partir do luns 16, suxiro que as actividades, exercicios e estudo mandados para a casa se repartan nos vindeiros días.

Non se trata de facer "deberes", senón de realizar exercicios e repaso/estudo para manter unha actividade académica regular ao longo destas complicadas semanas. Desta maneira, recomendo facer un par de exercicios de cada materia cada día ou cada dous días, ademais do estudo e repaso de todo o xa dado, lecturas, cálculo, problemas matemáticos, dictados, xogos didácticos...

Se o peche dos centros educativos se alongara no tempo, poñerei á vosa disposición novo material didáctico para traballar nas casas, xa sexa neste espazo ou na web do centro. Antes desta decisión, seredes informados no blog.

Recordade que no noso blog tedes os enlaces do CPI de San Vicente e da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para informarvos.

Calquera noticia significativa relacionada co noso centro educativo e alumnado será compartida.

Un saúdo e ánimo coa concilia.

jueves, 12 de marzo de 2020

Coronavirus-Medidas de prevención

Estimadas familias:

Ante a extraordinaria situación que estamos a vivir e como medida de prevención, quedan suspendidas todo tipo de actividades nos centros educativos dende o día 16 e para os vindeiros 14 días naturais seguintes.

Esta información foi recibida hoxe a última hora da mañá, na saída da escola. Por este motivo, coas inevitables présas e nerviosismo, o alumnado levou para a casa libros e libretas para traballar (con exercicios indicados e unidades para o estudo) nas distintas materias. Ao regreso deste paréntese, correxiremos a modo de repaso.

Todo aquel alumnado que non poida ser atendido nas súas casas poderán ir á escola mañá venres, así como quen queira recoller material olvidado ou que necesite, poderá acercarse a recollelo.

Todas as actividades e proxectos programados da clase reanudaranse á volta.

A medida que se coñeza nova información, sempre oficial dende a Consellería de Educación, será compartida neste espazo.

Tamén vos suxiro que consultedes a páxina web do centro CPI de San Vicente.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisanvicente/

Podedes consultar neste enlace a información oficial actual transmitida pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Un saúdo.


miércoles, 11 de marzo de 2020

Pioneiras e Coco Chanel (Laura B.)

A nosa compañeira Laura Buj fálanos duns libros moi interesantes.

Por unha banda fala sobre Coco Channel, unha pioneira do ámbito da moda e que rompeu regras na súa época.

E falando de pioneiras, Laura tamén nos mostra o volume 1 e 2 do libro Pioneiras, dous libros que falan de mulleres galegas e que foron as primeiras en facer varias actividades: futbolistas, camioneiras, arquitectas...

Eu teño o primeiro libro, vou ter que facerme co segundo... 😏

Moi ben Laura, uns libros ben interesantes! 👌📚