Recordade que estes preceptos son para que reflexionemos sobre nós mesmos. 😉
"SumAndo sen restar" pretende ser un espazo educativo onde alumnado e mestre mostraremos e comentaremos diferentes asuntos tratados na escola. Trátase dun traballo conxunto, onde poñeremos todas as nosas ilusións, esforzo e responsabilidade no seu uso. Esperamos que sexa un espazo onde todos e todas sumemos para unha aprendizaxe positiva!
martes, 10 de marzo de 2020
Precepto de marzo
Temos novo precepto para este mes de marzo...
Recordade que estes preceptos son para que reflexionemos sobre nós mesmos. 😉
Recordade que estes preceptos son para que reflexionemos sobre nós mesmos. 😉
lunes, 9 de marzo de 2020
domingo, 8 de marzo de 2020
Por elas
Hoxe, 8 de marzo e Día Internacional da Muller, queremos mostrar este gran traballo realizado polo colexio Cardeal Quiroga Palacios do barrio de Conxo, en Santiago.
O venres vimos o vídeo na clase e encantounos a todos e a todas! Así que decidimos, co permiso da profe Andrea, publicalo no blog para darlle máis visibilidade, xa que colaboran e actúan nais e alumnas que participaron e participan no noso blog.
Espero que vos guste! 🎶🎵💜

Etiquetas:
4º CEIP Quiroga Palacios,
5º CPI S.Vicente '19-'20
viernes, 6 de marzo de 2020
Eu de maior...
Con motivo do Día Internacional da Muller, ao longo destes días falamos e debatimos sobre feminismo, machismo, prexuízos, igualdade, dereitos...
Para visualizar o noso traballo de reflexión, realizamos un mural cunha mensaxe clara, directa e contundente. 💜
Ademais, realizamos un vídeo para que todos e todas reflexionemos e nos concienciemos sobre a importancia da nosa liberdade e que ninguén sexa o dono das nosas vidas.
Como sempre vos digo, a vosa xeración ten que facelo mellor ca nosa. 💪😉💜

jueves, 5 de marzo de 2020
Herstóricas Pioneiras (Nuria)
Este domingo, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. 💜
Acercándose unha data tan sinalada para reinvindicar o papel da muller na sociedade, a nosa compañeira Nuria mostrounos un interesantísimo xogo de cartas sobre mulleres destacadas en distintos campos, que abriron moitas portas para as xeracións futuras.
Aquí deixo o vídeo para que atendades en que consiste e xoguedes no tempo de lecer. 👍😉

miércoles, 4 de marzo de 2020
Cubo realidade virtual (Digicraft)
Bos días!
Hoxe mostramos outra actividade ben chula que fixemos no Digicraft.
Desta vez, tamén dividimos o grupo-clase en dúas sesións, nas que os nenos e nenas xogaron en mundos virtuais.
Como eu estiven a cargo da outra mitade da clase, non puiden asistir a esta actividade, tan só para poder gravar e facer unhas fotos rápidas...

Instrumentos musicais (Digicraft)
Gustounos moito unhas das últimas actividades de Digicraft! 🎼
A unidade durou dúas sesións, nas cales a clase dividiuse en dous grupos para unha mellor atención.
O traballo consistiu en crear uns instrumentos con cartóns para que máis tarde cobrasen vida e soasen gracias a un sistema de conexión e unha aplicación das tablets.
Baterías, teclados, guitarras... 🎹🎸🎶🎵
Aquí tedes algunhas fotos do proceso e uns vídeos para ver e oír o resultado final.

martes, 3 de marzo de 2020
A filla da Lúa (Olivia)
A nosa compañeira Olivia volve presentarnos outro dos seus libros favoritos, O fillo da Lúa.
Vendo a atención prestada de todo o grupo-clase durante a súa presentación na aula, penso que estaredes interesados neste libro que xa temos na biblioteca de aula.
Escoitemos a Olivia, que o fai moi ben, aínda que nos quedou un pouco longo o vídeo... Tanto que sufrimos a interrupción do resto da clase ao consumir parte do recreo... en fin, é o que ten facer estas cousas á primeira toma, pero é que o tempo non dá máis de si! 😅

lunes, 2 de marzo de 2020
Os cinco sentidos (Amparo)
Aproveitando que estamos a estudar os sentidos na materia de Naturais, a nosa compañeira Amparo deunos unha master-class sobre os cinco sentidos. 👀👂👃👅✋
E menuda clase que deu!
Impresionante o seu traballo plástico con diferentes materiais (plastilina, goma-EVA, cartulina, cables...), xunto coa súa espléndida explicación!
De feito, eu xa estou facendo as maletas, porque esta nena vaime quitar o traballo... e con razón!
Un gran traballo que non quixemos deixalo só entre as paredes da nosa aula, polo que fixemos un tour por todos os niveis de Primaria para darlle máis visibilidade ao seu traballo (ademais de mostralo no noso blog) e para que os nenos e nenas do cole aprendesen doutra compañeira e así motivalos cara ao seu traballo e estudo.
Parabéns Amparo! Excelente traballo! Encantounos a todos e todas! 👏👏👏😊

As fotos pertencen a un ensaio diante de parte da nosa clase.
Xa no vídeo, a explicación está dirixida a todo 5º e uns invitados especiais, o alumnado de 2º.
Atención tamén ás curiosidades finais. 👀😉
Bravo, Amparo, polo teu esforzo en todas as exposicións, que non foron poucas. 👏👏👏

viernes, 28 de febrero de 2020
Comparte en galego!
Continuamos co bonito proxecto que está a levar a cabo o concello da Baña xunto co alumnado do CPI de San Vicente da Baña, Comparte en galego!, que consiste en partillar polas distintas redes sociais frases escritas en galego con ilustracións feitas polos nenos e nenas.
Aquí temos outro exemplo no que o alumnado anima e defende o uso do galego. 💙😊

Suscribirse a:
Entradas (Atom)