viernes, 21 de febrero de 2020

Día da Lingua materna

Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día da lingua materna. 💙

Xa sei que non é unha conmemoración moi destacada ou recoñecida, pero queremos ilustrar este día cun debuxo que pertence ao proxecto Comparte en galego! , onde o alumnado do noso centro colabora co concello da Baña.

Compartide por favor! 👍😉


jueves, 20 de febrero de 2020

Preparando o Entroido...

Como ben indica o noso meco, mañá por fin chega o día grande! 👏👏👏

Día de festa e troula! 🎆🎇🎉🎊🎭🎶

Todas as familias estades convidadas! 👪




















Para o desfile, durante estes días trouxestes algunhas "turutas" e percusións feitas por vós para tocar e bailar a famosa canción do Entroido, Carnaval, carnaval, durante o desfile.
Aquí tedes un ensaio... e máis que tiñamos que ensaiar... 😂😂😂



Ademais, aquí tedes outra ilustración de Comparte en galego! para que os maiores a compartades polas redes sociais. 💙😉

miércoles, 19 de febrero de 2020

Obradoiro de máscaras

Nesta semana que precede ao Entroido, aproveitamos a sesión de Plástica para crear as nosas propias máscaras e antifaces. Cada neno/a diseñou a súa propia e decorouna como quixo. 🎭

Aquí tedes algunhas fotos do proceso e a finais da semana veremos os resultados finais.
👍😉

















Recordade que mañá temos que levar os mandatos da semana todos xuntos: algo na cabeza, no pescozo e nos pes. 🎭😁

martes, 18 de febrero de 2020

O meco manda... (mércores)

Continuamos cos mandatos do noso meco.

Recordando que cada día é acumulable, para o mércores o meco manda...



Instrumentos musicais

Nesta semana de Entroido, as nosas compañeiras Amparo e Aitana teñen unhas ideas que queren partillar con todos nós.

Por unha banda, temos a Aitana que nos mostra como facer un tambor de maneira moi sinxela e unha mascarilla para os nosos disfraces deste venres. 👍😉



Por outra banda, está Amparo coa súa caixa chea de instrumentos feitos a man.
Atendede as súas explicacións. 👀👂😉

lunes, 17 de febrero de 2020

O meco manda... (martes)

Ademais de levar algo na cabeza, para este martes o meco manda...



Camisetas creativas!

Esta fin de semana foi a Festa da filloa da pedra da Baña.

A pesar do mal tempo, puidemos gozar da gastronomía, da música, dos diferentes postos de artesanía e da boa compaña. 👌😊

Ademais, houbo talleres para os nenos e nenas. Un destes talleres consistiu en diseñar camisetas.
Algúns de vós trouxestes estas camisetas hoxe e pensei que sería interesante explicar como as fixestes.

A nosa compañeira Laura Buj explícao de seguido.

TALLER DE CAMISETAS

NECESITARÁS :

- Moitas ceras de cores.
- Afíalapis.
- Pratos de plástico.
- Papel de cebola.
- Unha camiseta branca ou negra.
- Imprimir imaxes ou letras anchas.
- Plancha.

COMO FACELA:

Afiamos as ceras ata que se acaben, unha mestura en cada plato: amarelo e laranxa, lila e rosa...
Cando acabemos de afiar, eliximos o debuxo e recortámolo. 
Despois, poñemos o papel de cebola dentro da camiseta. 
Collemos a imaxe recortada e poñémola encima de onde queres que esté o debuxo da camiseta.
Botámoslle a cera por riba do debuxo e poñémoslle o papel de cebola. 
Planchámola, quitámoslle o papel e... listo!  😉

Laura Buj

sábado, 15 de febrero de 2020

Comparte en galego!

Un día despois, xa temos a segunda ilustración feita polos nenos e nenas do CPI de San Vicente da Baña, dentro do proxecto Comparte en galego!

Bueno, máis ben a segunda e a terceira! Carteis feitos polo alumnado de 6º de EP. 👏👏👏

Desta vez, serve para darlle publicidade á Festa da filloa da pedra, que se está a celebrar nesta mesma fin de semana na Baña. 😀




viernes, 14 de febrero de 2020

Festa da filloa da pedra da Baña

Esta fin de semana vivirase unha gran festa na Baña...
😋🎉🎊🎆🎇

A festa da filloa da pedra da Baña!



O meco manda... (luns)

A vindeira semana comezamos a conta atrás para o Entroido.

Para ir quentando motores, o meco do cole indicaranos que poñerse cada día da semana.

Vexamos que toca para o luns. O meco manda...