viernes, 14 de febrero de 2020

Comparte en galego!

Comparte en galego! é un proxecto do concello da Baña en colaboración co alumnado do CPI de San Vicente.

Esta iniciativa consiste en promover o uso do galego partillando frases no noso idioma polas redes sociais. Estas frases serán escritas e ilustradas polo alumnado do noso centro. 💙

A primeira imaxe é sobre San Valentín feito por unha alumna de 6º, Laura Domínguez.
👌😊

Dende aquí anímovos a compartir! 💓


jueves, 13 de febrero de 2020

Xoves expertos (Olivia & Laura B.)

Cando recibín a noticia do meu novo destino de traballo, o primeiro que fixen foi buscar información do cole da Baña na súa páxina web. Despois de ollalo durante un rato, chamoume a atención unha actividade de biblioteca titulada Xoves expertos, e aí que me metín. Que actiovidade máis bonita! Recordo que pensei que ogallá o seguiran facendo para este curso.

Pois ben, por fin comezaron estas xornadas, nas que cada xoves o alumnado do colexio irá mostrando os seus coñecementos sobre un tema ao resto de compañeiros/as para que todos aprendamos.

Hoxe foi a inauguración coas nosas compañeiras Olivia e Laura Buj, quenes ensinaron todo sobre dous instrumentos que tocan de marabilla como é o oboe e o clarinete, respectivamente. 🎶🎵


Como a min coincídeme garda de patio os xoves e gravar na biblioteca con outros nenos e nenas sería complicado, decidimos facer un ensaio un día antes. Desta maneira, tivemos a nosa propia exposición na nosa clase.











Estivo xenial saber sobre os seus instrumentos e gozar dunha canción en directo. Bravo chicas!
(Mención especial para os que fixeron de atriles 👌😁).

Aquí volo deixo!



Cando participen máis nenos ou nenas do noso grupo-clase informaremos. 👍😉











miércoles, 12 de febrero de 2020

Receita de galletas (Ana)

Seguimos animándonos a escribir receitas e as galletas son as grandes protagonistas.
Que ricas! 😋

Desta vez, é a nosa compañeira Ana quen nos ensina como fai ela as súas deliciosas galletas caseiras.

Galletas caseiras 🍪

Ingredientes:

120 g. de azucre glas.
400 g. fariña de repostería.
240 g. de manteiga troceada.
1 ovo.

Preparación:

Poñer todos os ingredientes na amasadera. Cando estea, retirar a masa e envolvela con film transparente e metela na neveira uns 15 minutos.                                                                                      Cortar a masa en tres trozos.
Colocar unha parte na superficie de traballo, espolvorear con fariña.
Meter a outra parte na neveira.
Extender a masa e cortala con cortapastas.
Colocar en bandexa de forno.
Metela no forno 10-12 minutos a 180ºC co forno precalentado .

Que vos aproveite! 😉😋

Ana



martes, 11 de febrero de 2020

A biosfera (Aroa)

Despois de estudar, no primeiro trimestre, a biosfera na materia de Ciencias da Natureza, a nosa compañeira Aroa fálanos dun libro que ten na casa da mesma temática e que tamén o podemos encontrar na biblioteca do centro para completar os nosos coñecementos.

Vexamos e escoitemos con atención. 👀👂😀


lunes, 10 de febrero de 2020

Precepto de febreiro

Alguén sabe explicar o significado do precepto deste mes? Comentade logo! 👍😉

O precepto de febreiro é...

SÉ O CAMBIO QUE QUERES VER NO MUNDO.



viernes, 7 de febrero de 2020

Galletas de aniversario (Olivia)

A nosa compañeira Olivia está hoxe de aniversario e celebrouno compartindo unhas deliciosas galletas con todos nós. Que presentación! e que ricas estaban! 👌😋🍪

Abaixo escribiunos a receita para que as fagamos na casa.

Moitos parabéns Olivia! 😘🎉🎊🎁🎂

RECEITA DE GALLETAS DE ANIVERSARIO

Ola a todos!

Hoxe é o meu cumpreanos e fixen estas galletas para repartir aos meus compañeiros/as. 

Se queredes facelas na casa, a receita é a seguinte.

Ingredientes:
2 ovos.
350 gramos de fariña.
Raiadura de limón.
1 sobre de fermento.
100 gramos de manteiga.
200 gramos de azucre.

Preparación:
. Primeiro paso: Para comezar coa preparación das galletas de aniversario, colle un recipiente e mestura a manteiga co azucre.
. Segundo paso: Engade os ovos e a raiadura de limón. Continúa removendo coa espátula ou as varillas ata conseguir que estos se integren por completo.
. Terceiro paso: Deixa o bol na mesa a un lado e, a parte, peneira a fariña xunto co fermento. É un paso imprescindible.

As galletas deben estar no forno durante 15 minutos.

Disfrutádeas! 😉🍪

Olivia




jueves, 6 de febrero de 2020

Recomendamos libros (Aroa & Laura B.)

Seguimos animándonos a traer boas recomendacións de lecturas e iso é moito de agradecer.
👌😊

Moitas gracias a todos e a todas pola vosa participación!
Isto fai que o noso blog sexa máis interesante!

Aquí temos unha mostra. Nun mesmo día, aínda que xa fai tempo, dúas das nosas compañeiras trouxeron lecturas para recomendar e partillar. 📚

Laura B. falounos de tres libros que lle gustan moito: dous sobre as aventuras de Edgar e Ellen e outro sobre a vida de Coco Chanel.
Aroa segue a traer libros ben interesantes e bonitos como A princersa que quería escribir e O mundo dos animais.

Gracias rapazas! 😊


miércoles, 5 de febrero de 2020

Xogo virtual (Digicraft)

Nas últimas dúas sesións de Digicraft estivemos traballando na creación dun espazo virtual con obxectos e personaxes, para logo agochar un diamante que outros equipos tiñan que encontrar.

Ao longo da última sesión intercambiamos varias veces as tablets para andar á procura de preciado obxecto. 👀💎















martes, 4 de febrero de 2020

Karina e Marina (Olivia)

A nosa compañeira Olivia fálanos dun par de libros que lle gustaron moito e quere compartilos con todos nós. As súas protagonistas son Karina e Marina...

Imos ver de que vai! 👍📚



lunes, 3 de febrero de 2020

Día da Candeloria

O día 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria. 🐤💕

Segundo as tradicións populares galegas, a partir do 2 de febreiro, veñen os paxaros para emparellarse e criar. En Galicia, esta era unha festa moi celebrada no ámbito agrario e incluso no mariñeiro, como prefacio da primavera, e dicíase que era o día do casamento dos paxariños.

Hai varios refráns que o lembran como: A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.
Outro refrán lembra que queda pouco para que remate este tempo de inverno: Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.

Para os galegos e galegas tamén era a festa da luz e do amor.

Hoxe en día é máis coñecida como unha celebración relixiosa. Nalgunhas parroquias de Galicia este é un día de festa, o día no que se bendicen as candeas e se reservan para saír en procesión na Semana Santa.

Neste mundo tan globalizado, en Galicia tamén adoitamos festexar o día dos namorados e namoradas o 14 de febreiro, polo San Valentín. Mais este día 2 de febreiro, no que casan os paxariños, tamén é unha data ben axeitada e bonita para celebrar o amor e sorprender a aquela persoa que nos gusta cunha mensaxe ou debuxo ben bonito.

Seguro que non o espera!





Hoxe mostramos no blog información sobre o Día da Candeloria, escrito por varios nenos e nenas da clase. Información que está exposta nun precioso mural cerca da biblioteca. Alí fumos para aprender sobre o tema.

Nas fotografías vese como estivemos lendo a información, falando e debatindo sobre o Día da Candeloria e sobre o Día de San Valentín.

Por certo, sabedes algún refrán máis sobre o Día da Candeloria ou de San Valentín? Se é así, animádevos a escribilo nun comentario! 😉